Actualidad Social, Cultura — 4 julio, 2018 a las 23:05

Protesta pola perda da oficina bancaria de Galeras

Por

Actualización: 06/07/2018

A Asociación de Veciños Plataforma de Galeras mobilízase como protesta polo peche da oficina Abanca da rúa Domingo García Sabell de Galeras.

FOTO. Mariel Norat. A Plataforma  pechou no día de onte a conta de Abanca  despois de 30 minutos de espera na sede central da entidade de Santiago de Compostela

FOTO. Sandra Alonso

Santiago de Compostela. 04/07/2018. Mañá ás 13:00 horas convoca a súas socias e socios  diante da oficina principal de Abanca en Santiago na rúa Montero Ríos para dar de baixa a súa conta, e mostrar o seu malestar polo peche da oficina bancaria de Galeras

Na actualidade hai puxanza nas cidades por recuperar a vida dos barrios e darlles a identidade ca mirada a escala dos homes e mulleres que habitan a urbe, facendo espacios amables e compartidos;  no fluir dun dinamismo que enriquece a vida dos seus habitantes. Son situacións provocadas polos novos movimientos sociais que reclaman máis humanidade nun mundo superado polo capitalismo abusivo do consumo, e que encontra máis satisfacción nas cousas diarias.  Veciños e establecementos comerciais contribuen en dar sentido a este novo xeito de entender a vida  que favorecen a inclusión social, sobre todo, daquelas persoas que teñen maior dificultade de movilidade,  ou pola idade, etc., pois son eles os máis perxudicados para acceder na rúa aos establecementos. Son estas algunhas das razóns coas que conta a Plataforma de Galeras para convocar mañá aos seus socios para loitar na defensa duns servicios para os  veciños. Atópase perxuizo neste peche da oficina que non ten en conta ás persoas nin o presente auxe da zona cara ao futuro. A Plataforma ve necesario loitar por  dispoñer dunha oficina bancaria na que os cidadáns poidan solventar as súas xestións económicas favorecendo a vida de barrio na procura tamén do tecido comercial que precisa do dinamismo da veciñanza.  A Plataforma en nota de prensa indica que: “Tanto a asociación como a veciñanza, en especial o tecido comercial do barrio, xa teñen manifestado a súas protestas mediante escritos dirixidos ao Servizo de Atención ao Cliente de Abanca.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.