Presentación pública dos proxectos gañadores do concurso de ideas sobre o bordo litoral Tecendo Litoral

Ciudad Puerto, Porto Metropolitano, Growing Together, Nosfíos e Porsuporto son as propostas finalistas

Tribuna Pública acollerá mañá mércores 27 de febreiro ás 19.30 horas a presentación dos 5 proxectos finalistas no concurso de ideas sobre os usos sostibles do bordo litoral da Coruña, Tecendo Litoral. A presentación do acto correrá a cargo do comisario Juan de Nieves, coordinador xeral de Tribuna Pública, quen dará paso á intervención do alcalde da cidade, Xulio Ferreiro. De seguido cada representante dos equipos dos proxectos gañadores- Ciudad Puerto, Porto Metropolitano, Growing Together, Nosfíos e Porsuporto- fará unha exposición de 10 minutos de duración. Ao acto asistirá tamén Xiao Varela, concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda e Claudia Delso, concelleira de participación e innovación democrática.

O xoves e venres ás 19.30 horas terá lugar unha nova exposición oral de cada proxecto, de 30-40 minutos de duración cada unha (o xoves Porto Metropolitano, Ciudad Puerto e Nosfíos, e o venres Porsuporto e Growing Together seguida da celebración dunha mesa redonda cos representantes destes 5 proxectos).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.