Personal precario da administración pública bótase a rúa para rexeitar a inestabilidade

Hoxe en Santiago de Compostela recorría as rúas a manifestación do persoal precario da función pública; sanidade, educación, Concello de Santiago, bibliotecas e a Coordinadora Antiprivatización da Saúde Pública, entre outras.  Colectivos todos eles da administración que por terceiro ano consecutivo saen a rúa, neste 16 de marzo, declarado por eles mesmos como día dos precarios.( Precarios vídeo)

Globos de cores e pitos na Praza de Obradoiro para facer visible a inestabilidade nas súas vidas por mor de contratos por días ou mesmo por horas. En moitas ocasións acadando lustros nesta situación. Segundo indican. Queren reclamar os seus dereitos e ser tratados do mesmo xeito co persoal fixo. Sinalan que no desenvolvemento do traballo cumpren o mesmo cometido, e engaden; que a cifra de funcionarios precarios está preto de 10.000 persoas, aproximadamente, mais non se sabe con exactitude porque se oculta. Por outra banda, atópanse nunha situación de medo e indefensión para protestar, pois dependen dunhas listas, das que sempre teñen que estar pendientes e que non saben ben como van. Esta situación lles provoca estar sometidas a presións. vídeo

Na praza do Obradoiro tamén manifestaba un membro da Coordinadora Antiprivatización da Saude Pública, explicando que nestes intres non se está a valorar o capital humano, e que na actualidade se están a privatizar servizos dos cales non se lles dá importancia, pero marcan o punto dun camiño de privatización: cafeterías, limpieza, cociñas ou ambulancias. É así deste xeito como primeiro se empeza para a privatización total.  Expresou o membro da Coordinadora Antiprivatización da Saúde Pública (vídeo

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.