Os Reis Magos visitaron onte Santiago de Compostela

A cidade compostelana gozaba onte dese balbordo infantil que enchía de vida as súas rúas e prazas. Rapazas e rapaces nerviosos agardando pola promesa dun desexo que en pouco atoparán ou non debaixo do árbore de nadal. Non hai escusa, pensan mentras tentan coller o sono, e se repiten «fun bo e obediente, malo será que non traian isto ou o outro da carta que lles mandei». As datas son as datas. Eses Reis Magos que chegan de Oriente con kilos de xenerosidade e centos de obsequios unha vez o ano para premiar a boa vontade, o esforzo e tamén a tranquilidade que nalguna que outra ocasión reclaman o papá ou a mamá, se cadra os dous, amenazando co infortunio do carbón como resposta ao comportamento. Eses Magos do Oriente que serven de argumento para aliviar o desacougo dos ánimos dos raparigos e gañar un pouco de tempo con un sonriso no semblante.

Os Reis Magos viñeron a Compostela con un programa moi apretado e traballaron arreo atendendo tódalas peticións das nenas e nenos que se quixeron achegar á Cabalgata no seu percorrido, e despois tiveron a oportunidade de facer as consultas pertinentes no Pazo de Raxoi.[wzslider]

Máis fotos aquí

Sobre Mariel Norat 213 Artículos
Licenciada | Graduada en Ciencias de la Comunicación. Periodista.

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*


Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.