Actualidad Social — 27 mayo, 2018 a las 11:27

Os cadros depresivos son más frecuentes en mulleres que nos homes

Por

Neste 28 de maio, Día Internacional de Acción pola Saúde das Mulleres, desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia  aproveitan para significar o dereito de todas as mulleres a gozar dunha saúde de calidade e gratuíta, tamén no ámbito da saúde mental.

Por iso, desde esta entidade que representa a máis de 70.000 psicólogos e psicólogas colexiadas de todo o Estado, sumámonos á conmemoración desta data e facemos especial fincapé na reivindicación dunha apropiada atención á saúde mental das mulleres. De feito, atendendo aos datos da Enquisa Europea de Saúde en España máis recente (2014) constátase unha maior prevalencia de cadros depresivos activos entre as mulleres fronte aos homes, que practicamente o duplican (4,54% en mulleres fronte a 2,46% en homes con cadro depresivo maior, e de 5,08% fronte a 2,53% noutros cadros depresivos).

En canto á severidade da sintomatoloxía depresiva, apreciamos como se mantén dita brecha entre ambos os xéneros: na máis leve gradación atopamos unha diferenza de 12,63% fronte a 6,64%; en moderada de 3,95% fronte a 2,07%; en moderadamente grave de 2,38% fronte a 1,21%; e finalmente naquela sintomatoloxía máis grave, a diferenza é de 1,40% fronte a 0,71%. É dicir, que no caso do xénero feminino, as depresións con sintomatoloxía moderadamente grave ou máis grave, duplican ás que padecen o xénero masculino.

Desde o Consello Xeral da Psicoloxía consideramos imprescindible a formación en perspectiva de xénero do colectivo profesional sanitario, xa que cuestións como o rol tradicional feminino, o baixo nivel de empoderamento ou o deseño dos recursos atendendo a un estándar masculino das necesidades, entre outras circunstancias, inflúen significativamente na saúde da muller. Así mesmo, é imprescindible o fomento dunha cultura preventiva no ámbito da saúde que incorpore a dimensión de xénero como unha estratexia para avanzar na mellora da saúde das mulleres, tamén da súa saúde mental, e combater a desigualdade.

A formación en materia de violencia de xénero é tamén fundamental, xa que se estima que 3 de cada 4 mulleres con trastorno mental grave sufriron violencia no ámbito familiar ou de parella nalgún momento da súa vida. A través deste tipo de medidas, as mulleres poderán gozar dun maior benestar mental, físico e tamén social.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.