Actualidad Social, Artes Plásticas, Cultura, Portada — 24 febrero, 2017 a las 2:01

Os Boteiros de Vilariño de Conso no Museo do Pobo Galego

Por

Este venres 24 de febreiro, o Museo do Pobo Galego celebra unha nova edición de Máscaras Tradicionais do Entroido. Este programa do Departamento de Educación e Acción Cultural deu comezo en 2013 co obxectivo de mostrar a diversidade e riqueza desta celebración en Galicia e a súa relación con outras mascaradas de inverno europeas, nomeadamente as do Norte de Portugal e Castela-León.

A proposta procura ademais que sexan os e as propias protagonistas da festa quen fale delas e as mostre no Museo. Por toda a nosa xeografía son moitas as asociacións e colectivos que recuperan e manteñen vivo esta festa. É a estas agrupacións, ou as persoas que abordan o estudo do Entroido desde o papel da sociedade e da cultura popular, a quen o Museo convida para difundir este patrimonio. Nestes anos pasaron polo Museo : Pancho Lapeña e os Merdeiros de Vigo, os Volantes do Entroido Ribeirao de Chantada, as Madamas e Galáns de Meira, Moaña e as Bonitas de Sande.

Máscaras

Este venres 24 será a quenda dos Boteiros de Vilariño de Conso que virán da man da antropóloga e profesora da Universidade Nova de Lisboa, Paula Godinho. Nos seus estudos do Entroido, a profesora Godinho céntrase no papel do riso e do humor como subversión e resistencia popular, e de como isto queda reflictido en moitas das máscaras, principalmente nas galegas.

A conversa, de entrada libre, dará comezo ás 19h30 e como corresponde as datas terá un ar festivo, acompañándose de viño e filloas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.