Belleza y Moda, Galicia, Tendencias, Turismo — 27 marzo, 2018 a las 15:32

Os balnerarios galegos preven ocupacións que poden chegar ao 100%

Por

A Asociación de Balnearios de Galicia prevé unhas taxas de ocupación durante as vacacións de Semana Santa do 90%, podendo chegar  ao 100% en varios establecementos termais da comunidade.

A Asociación de Balnearios de Galicia espera se cumpran os datos estimativos de ocupación que superan as cifras de anos anteriores e que se valoran moi positivamente. O xerente da entidade, Benigno Amor, destaca a “estabilidade” de Galicia e das comunidades limítrofes como principais territorios emisores de termalistas grazas a unha “oferta variada, de calidade e, ademais, altamente competitiva”.

A Asociación está integrada por 19 balnearios das catro provincias

A Asociación de Balnearios de Galicia está integrada por un total de 19 balnearios de toda a comunidade. Na provincia da Coruña atópanse o balneario de Carballo e o de Compostela (Brión). Na provincia de Lugo están o de Guitiriz, Augas Santas (Pantón) e as Termas Romanas de Lugo. Na provincia de Ourense están representados os de Arnoia, Baños de Molgas, Laias (no concello de Cenlle), Lobios, O Carballiño e Caldas de Partovia (os dous no Carballiño). E na provincia de Pontevedra atópanse os de Acuña e Dávila (os dous en Caldas de Reis), Termas de Cuntis, Baños de Brea (Vila de Cruces), Caldelas de Tui, Isla de La Toja, Gran Hotel La Toja e o Balneario de Mondariz.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*