Actualidad Social, Agenda Santiago — 27 noviembre, 2018 a las 20:07

Obstáculos para as vítimas de violencia sexual

Por

Amnistía Internacional realizará unha charla coloquio baixo o título NON CONSINTO. Basta de obstáculos para as vítimas de violencia sexual no que se falará sobre a violencia sexual e as súas horrendas consecuencias na vida das mulleres e nenas e na que se presentarán os resultados do Informe sobre violencia sexual en España 2018, facendo fincapé nas experiencias obtidas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Co motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, Equipo de Mulleres, Xénero e Diversidade Afectivo Sexual de Amnistía Internacional Galicia organiza unha charla-colquio o xoves, día 29 de novembro, ás 19.30 horas no salón de graos da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.
Neste acto, Silvia Pérez Freire, socióloga e investigadora social especializada en Violencia de Xénero e asesora independente de diversas ONGs en materia de Violencia de Xénero: e Adriana Echeverría, coordinadora do Equipo de Mulleres, Xénero e Diversidade Afectivo Sexual de Amnistía Internacional Galicia falarán sobre a violencia sexual, facendo mención ao Informe sobre violencia sexual en España en 2018. Un documento que destaca que a violencia sexual afecta a 1 de cada 2 mulleres españolas e que fai fincapé nos feitos de que Galicia non ten protocolo de coordinación interinstitucional para casos de violencia sexual nin guías de actuación no caso de violencia sexual nin centros de crise abertos as 24 horas do día, os 7 días da semana nin conta con centros de atención especializados para as vítimas de violencia sexual.
Este acto enmárcase na campaña global #NoMásPiedras, coa que Amnistía Internacional pretende concienciar das “pedras” cas vítimas de violacións se atopan despois de sufrir a agresión, tanto ao poñer a denuncia, como ao recibir atención médica e á hora de executar o proceso xudicial.
A diferenza do que sucede noutro tipo de delitos, as mulleres que sofren violencia de xénero, incluíndo a violencia sexual, tamén se enfrontan habitualmente a prexuízos por parte de policía, forenses e xuíces e xuízas, que poñen en dúbida a credibilidade dos seus testemuños, o que introduce unha pesada carga para demostrar a veracidade do seu relato.
Por todos estes motivos, Amnistía Internacional estará presente nas rúas denunciando este camiño cheo de pedras e recollendo adhesións ao manifesto Non consinto. Un manifesto cuxo obxectivo é mostrar que a sociedade no consente, obxectivo que tamén ten esta charla coloquio.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.