O verán de 2016 en Santiago de Compostela

Actividades de balde na cidade durante os meses de xullo, agosto e setembro

 

Da colaboración entre Acción Cultural e Medio Ambiente do Concello nace o programa Ver, Facer e Percorrer onde suman actividades para todas as idades nos parques, espazos naturais e lugares de encontro sociocultural

 o concelleiro de Medio Ambiente, Xan Duro, e a de Acción Cultural, Branca Novoneyra
O concelleiro de Medio Ambiente, Xan Duro, e a de Acción Cultural, Branca Novoneyra

Entre outras, este mes de xullo, o venres 22,  Circompostela escenificará en Belvís, e mesmamente o sábado 23 os cativos teñen unha romaría no parque de Bonaval.

E xa en agosto a representación de ‘A viaxe marabillosa’ na praza da Quintana coa Escola de Teatro da Fundación Valle-Inclán que adaptou a obra do autor ‘A Lámpada marabillosa’.

Este programa: Ver, Facer e Percorrer tamén inclúe as siguientes alternativas culturais:

*Espazo para o movemento e saúde nos parques con obradoiros de respiración saudable, escola de columna e circuítos saudables.

*Espazo para a danza, cos obradoiros de danza creativa e de Danza en Familia con Can Cun Quinqué.

*Obradoiros de achegamento ao circo e sesións de Imos ao Baile.

*O departamento de Medio Ambiente organiza tres obradoiros medioambientais a través do Centro de Interpretación Ambiental do Concello, CIAC. Estará orientado arredor da observación de aves, o consumo responsable e a compostaxe. Os obradoiros serán os sábados: 16 xullo / 20 de agosto e 17 de setembro

*No mes de xullo, o departamento de Centros Socioculturais organiza circuítos saudables, os grupos serán dun  máximos de 20 persoas que percorrerán diferentes parques da cidade de 10.00 a 13.00 horas en diferentes datas.

*Tres Roteiros culturais – Literarios: con saída desde a praza de Mazarelos e que axudarán a entrever novos recunchos posibles do mapa literario da cidade.

*Tres Roteiros culturais – Irmandades da Fala: con saída dende o quiosco da Alameda para seguir as pegadas das Irmandades na nosa cidade, coñecer aos seus e as súas principais protagonistas e ter unha visión xeral do que supuxo este movemento.

*A Ruta das verbas (9 de agosto): un espectáculo da Escola de Teatro da Fundación Valle-Inclán, en formato de visita guiada dramatizada por puntos significativos para o escritor, nos que se representarán distintas escenas amosándonos a súa vida e obra.

Dalle o Click para ver a Axenda de xullo de Santiago de Compostela.

Sobre Mariel Norat 210 Artículos
Licenciada | Graduada en Ciencias de la Comunicación. Periodista. Eterna estudiante e incansable observadora

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*


Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.