O tratamento de persoas con dano cerebral adquirido

thA partir do 13 de novembro o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia acolle un curso sobre a rehabilitación neuropsicolóxica a través de casos clínicos, que se celebrará na súa sede compostelá. Nos últimos anos houbo un progresivo incremento de persoas afectadas por trastornos neurolóxicos coas conseguintes repercusións  no  ámbito da saúde, así como no entorno familiar e social. O DanoCerebral Adquirido, especialmente o motivado por ictus ou traumatismos craneoencefálicos, entre outras etioloxías, estase a converter nunha epidemia  silenciosa que afecta tamén a persoas novas e cunha aparición súbita na maioría dos casos.

Este cambio brusco supón un enorme impacto na vida do paciente e da súa familia. Estes trastornos comportan cambios sensoriais, físicos, cognitivos, emocionais e de comportamento na persoa afectada que, á súa vez, repercuten na familia e na súa contorna. A rehabilitación neuropsicolóxica é un  proceso activo que axuda á ou ao paciente e á súa familia a optimizar o proceso de recuperación, a comprender mellor as alteracións que presenta e a desenvolver estratexias que permiten compensar estes trastornos e mellorar a súa calidade de vida.

Neste curso organizado pola Sección de Psicoloxía e Saúde que se repartirá entre os días 13 e 27 de novembro e 11 e 18 de decembro, desenvolveranse os fundamentos teóricos e prácticos do proceso de intervención neuropsicolóxica a partir de casos clínicos, que permitirá ás persoas asistentes aplicar a teoría na súa práctica profesional. O obxectivo principal é eminentemente práctico e encamiñado á procura de solución dos diferentes problemas das persoas afectadas.

Esta actividade formativa está coordinada pola psicóloga clínica Vanessa Vilas Riotorto e será impartida por psicólogas con formación en Neuropsicoloxía Clínica que desenvolven a súa práctica profesional sanitaria en Galicia. Ester Asensio Cubero é directora da Unidade de Rehabilitación da Asociación Renacer para persoas afectadas de Dano Cerebral Adquirido, Rocío García Calvo dirixe a Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela, e Cecilia Otero Dadín é a coordinadora da Unidade de Atención Infantil e da Unidade de Dano Cerebral Adquirido no Centro Médico Pontevedra, son profesionais con ampla traxectoria profesional en neuropsicoloxía na nosa Comunidade.

th (1)

Sobre Mariel Norat 213 artículos
Licenciada | Graduada en Ciencias de la Comunicación. Periodista.

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*


Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.