Actualidad, Cultura, Cultural, Literatura, Portada — 19 diciembre, 2017 a las 19:40

O Sono das Sereas o novo Premio do profesor Xosé Antonio Neira Cruz

Por

D. Xosé Antonio Neira Cruz recolle na Coruña o Premio de Narrativa Breve Repsol en Lingua Galega 

O Sono das Sereas é unha peza narrativa ambientada en Laxe e evoca a tradición oral

O acto de entrega de mañá estará presidido por D. Roman Rodríguez González, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; D. Ignacio Egea Kraul, vicepresidente da Fundación Repsol; e D. Francisco Castro Veloso, director xeral da Editorial Galaxia.

Parabéns ao escritor e profesor universitario D. Xosé Antonio Neira Cruz pola súa obra O Sono das Sereas. Unha creación pola que mañá recolle na Coruña o Premio de Narrativa Breve Repsol en Lingua Galega na súa XI edición. Este evento que convoca a Fundación Repsol en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e a Editorial Galaxia, terá lugar na sede da Fundación Paideia Galiza ás 20:00 horas.

Xosé Antonio Neira Cruz é natural de Santiago de Compostela, Doutor en Ciencias da Comunicación (2001) e en Filoloxía Italiana (2015) pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Dereito Premial por la UNED (2013) é un dos profesores máis queridos polos seus alumnos na Facultade de Xornalismo onde imparte clases.

Cunha ampla bagaxe de traballo nos medios de comunicación como xornalista, tamén conta cunha recoñecida labor no eido da xestión cultural incluindo iniciativas de moita relevancia.

Dende moi novo a súa facela de escritor estivo presente e recoñecida na contorna cultural; co Premio Merlín que consigueu ata en dúas ocasións, a primeira con tan só 20 anos, marcou a súa traxectoria na escrita do país. Dende entón foi galardoado en varias ocasións cos Premios Barco de Vapor, Raíña Lupa, Lazarillo, Premio de Poesía Fiz Vergara Vilarino de Sarria, ou os tres Premios Barriga Verde de textos teatrales infantís entre outros.

Ademais das publicacións de investigación no ámbito académico Xosé Antonio Neira Cruz é un prolifero escritor que ten publicado novela, teatro, poesía, contos e relatos. 

O acto que fará honor a está última obra do profesor Neira Cruz, mañá na Coruña, estará presidido por D. Roman Rodríguez González, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; D. Ignacio Egea Kraul, vicepresidente da Fundación Repsol; e D. Francisco Castro Veloso, director xeral da Editorial Galaxia.

Como na anterior edición, a dotación económica do premio será de 12.000 euros, ademais da publicación da obra pola Editorial Galaxia.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.