O Premio ‘Vicente Ferrer’ 2019 para o instituto Pedra da Aguia de Camariñas

O pasado xoves a ministra de Educación e Formación Profesional en funcións Isabel Celaá, entregaba en Madrid os diplomas do XI edición do Premio Nacional de Educación para o desenvolvemento ‘Vicente Ferrer’ 2019.

O instituto de Camariñas, Pedra da Aguia foi un dos quince centros educativos que este ano se fixo co galardón, grazas o proxecto de educación para a cidadanía global «Cooperación galega: O mundo que queremos (O cambio empeza no IESP Pedra da Aguia. súmaste?) no marco do Plan Proxecta da Xunta de Galicia. Un proxecto no que alumnado e profesorado traballaron a igualdade de xénero a través da radio, os audiovisuais, ou o teatro, durante todo o curso académico.

Recolleu o premio en representación do centro, Susana Álvarez Martínez, tras a viaxe a Xordania que realizou con outros mestres galardoados nesta edición, para participar nun Seminario de intercambio e formación en boas prácticas de educación para o desenvolvemento, que se celebrou do 5 ao 13 de novembro.

En representación da Xunta de Galicia asistiron o acto de entrega do Premio o director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal, e a subdirectora xeral de Cooperación Exterior, Pilar Romero.

Estes galardóns, organizados pola Axencia Española de Cooperación Internacional (AECID) en colaboración co Ministerio de Educación e Formación Profesional, recoñecen cada ano quince experiencias educativas de centros sostidos con fondos públicos destinadas a sensibilizar, concienciar, desenvolver o espírito crítico e fomentar a participación activa do alumnado na consecución dunha cidadanía global e solidaria, e comprometida coa erradicación da pobreza e as súas causas e co desenvolvemento humano e sostible.

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*


Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.