Actualidad, Actualidad Política, Actualidad Social, Agenda Santiago — 10 diciembre, 2018 a las 20:05

O Parlamento de Galicia, premio internacional APECSA 2018

Por
  • O xurado, por unanimidade, destacou o seu labor ao aprobar por unanimidade, en 1991, o Plan Xacobeo 93
  • O Premio consiste nunha escultura, `Harmonía´, de Luís Loureira
  • O acto de entrega do Premio desenvolverase no Museo das Peregrinacións en Santiago, o vindeiro día 20 deste mes de decembro

Harmonía´ de Luís Loureira. (ferro doce esmaltado e granito silvestre. 35x15x7 cm.)

Convocado pola Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA) e dedicado ao Xacobeo 93, o Parlamento de Galicia é o gañador da sexta edición deste Premio Internacional APECSA 2018 de divulgación do Camiño de Santiago

O Xurado, presidido polo vicepresidente da Asociación promotora, Luís Celeiro Álvarez, destacou o notable labor do Parlamento ao aprobar por unanimidade, en 1991, o Plan Xacobeo 93, un proxecto para a dinamización socioeconómica e cultural de Galicia, a través do Camiño de Santiago, un ben histórico e con perspectivas de futuro, declarado pola UNESCO `Patrimonio Mundial´, o 10 de decembro de 1993.

O presidente de APECSA, Xosé María García Palmeiro, entregaralle ao Parlamento unha distinción da Asociación convocante e unha escultura, `Harmonía´, da autoría do lugués Luís Loureira. Será no transcurso dun acto que se celebrará, o día 20 deste mes de decembro, no Museo das Peregrinacións, na cidade de Santiago de Compostela. En dito acto, está prevista a participación do presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, quen recollerá o Premio. Os organizadores fan extensible a invitación aos portavoces dos grupos parlamentarios, as deputadas e deputados. Asemade, a todas as representacións institucionais e persoas interesadas no Xacobeo e amigas do Camiño de Santiago.

A decisión do xurado foi adoptada por unanimidade dos seus membros, xunto co presidente, a secretaría Purificación Carballo Pérez e os vogais Xavier Goyanes Vilar, Carme Prado Pico e Xosé Luís Muñoz Portabales. Na acta tamén figura unha mención especial para a UNESCO, pola relevancia que, nos últimos 25 anos, lle deu ao Camiño de Santiago, recoñecéndoo como un dos bens culturais máis importantes a nivel mundial, tanto polo seu valioso patrimonio material como inmaterial.

Artigos relacionados

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.