Actualidad, Agenda Santiago, Cultura — 14 junio, 2017 a las 19:31

O Paraninfo Universitario

Por

As Leccións Xacobeas revisarán o trinta aniversario da declaración do Camiño de Santiago como primeiro itinerario cultural europeo

Claustro de Fonseca. (USC) Santiago de Compostela

Trinta anos da declaración do Camiño de Santiago como primeiro itinerario cultural europeo. Con este lema, as Leccións Xacobeas na USC desenvolverán a súa décima edición entre os días 18 e 21 de xullo coordinadas por Domingo Luis González Lopo e Miguel Taín Guzmán no Auditorio do Museo das Peregrinacións cunha carga lectiva de 30 horas. A matrícula estenderase ata o próximo 7 de xullo.

O curso procura a divulgación dos resultados de investigacións senlleiras sobre o Camiño de Santiago e a cultura xacobea, realizadas por profesorado e persoal investigador da USC e profesionais de centros de investigación, nacionais e internacionais. Dende a transversalidade e a multidisciplinariedade, búscase unha achega dinámica dos contidos a todo tipo de público.

O programa contempla catro bloque temáticos, que comenzarán aludindo ao propio lema das Leccións 2017, incluíndo a testemuña do que fora alcalde de Santiago Xerardo Estévez; e continuará cunha serie de intervencións arredor dos peregrinos ilustres do Camiño, o décimo aniversario das Leccións na USC; para rematar percorrendo unha andaina por un tramo do Camiño francés dende Real a Samos, visitando o patrimonio xacobeo, lendas e paraxes naturais, guiados pola Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago.

As persoas interesadas poden consultar toda a información relativa á Universidade de Verán na web.

 Uninova participa no Programa Erasmus de intercambio de emprendedores en empresas europeas.- A incubadora de empresas da USC Uninova foi designada pola Comisión Europea para xestionar o Programa Erasmus para Novos Emprendedores cun orzamento propio de 88.500 euros dedicados a bolsas para intercambio de emprendedores en empresas europeas.

Cinco títulos no ciclo de cinema australiano co que colabora a USC.- A Universidade de Santiago de Compostela, xunto coa ASBA (Australia Spain Business Association), a Embaixada de Australia e o Concello de Santiago organizan de novo unha mostra de cine australiano. As exhibicións, gratuítas, serán no Teatro Principal ás 20.30 horas, agás a do próximo día 19 ás 21.00 horas.

Cuarto ciclo de conferencias arredor da arte e o poder.- A asociación universitaria Entre Clío y Euterpe organiza este xoves e o venres o seu cuarto ciclo de conferencias arredor da arte e o poder. O encontro desenvolverase na Aula 12 da Facultade de Xeografía e Historia e será inaugurado polo decano, Francisco Durán, o xoves 15 ás 16:45 horas. 

Congreso Internacional sobre Fútbol e Psicoloxía; Do 26 ao 20 deste mes de xuño a Universidade de Santiago acollerá a segunda edición desta xuntanza. Coordinado polo profesor da USC Constantino Arce, o encontro pretende facer transferencia directa de coñecemento da universidade ao entorno do fútbol co ánimo de axudar a mellorar os niveis de rendemento, de benestar e satisfacción dos adestradores, xogadores, equipos directivos, arbitrais e familias.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*