O Paraninfo Universitario

A Universidade Compostelá convoca o  Iº Premio Luis Porteiro Garea para recoñecer a promoción e o esforzo no uso do idioma galego dentro da propia Universidade de Santiago

Porteiro Garea

A pregunta podería ser, por qué este nome propio?

Foi un 16 de setembro de 1915 cando o profesor da Cátedra de Dereito Civil e membro das Irmandades da Fala, Luís Porteiro Garea, pronunciaba no Paraninfo da Universidade a primeira lección en galego da que se ten constancia. Cen anos despois, a Universidade Compostelá (USC) brinda este galardón á honra do facultativo na primeira edición da convocatoria. Un premio no que a institución académica recoñecerá publicamente ás persoas ou colectivos a prol da normalización do uso do galego na universidade. O prazo para recibir propostas estenderase ata o 15 de xullo.

O repositorio institucional Minerva suma xa dúas mil teses de doutoramento en acceso aberto

A USC suma xa no seu repositorio institucional Minerva en acceso aberto un total de dúas mil tese de doutoramento de todas as áreas de coñecemento dispoñibles. Por áreas de coñecemento, ata a actualidade, hai aloxadas dixitalmente en formato pdf 260 teses da área de Artes e Humanidades, 535 da de Ciencias, 614 de Ciencias da Saúde, 421 da área de Sociais e Xurídica e 170 de Enxeñaría e Arquitectura.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.