Actualidad, Actualidad Social, Cultura, Literatura, Portada — 13 diciembre, 2017 a las 22:28

O Observatorio da Mariña pola Igualdade fixa a Axenda Feminista 2018 en favor das Activistas galegas

Por

O Observatorio da Mariña pola Igualdade presenta a Axenda Feminista 2018 que xa vai pola súa oitava edición e que, un ano máis, escolle a 12 mulleres para protagonizala.


En edicións anteriores a Axenda Feminista escolleu como protagonistas a galegas dedicadas á música, á escrita, ao teatro, á poesía, á ciencia e ás labregas en leiras de mar e de terra. No 2018 a temática da Axenda Feminista céntrase no ámbito do activismo.

Co título Activistas galegas a Axenda Feminista 2018 tamén quere celebrar que o OMI cumpra o seu décimo aniversario. Queremos visibilizar o activismo realizado por mulleres. Lendo as súas páxinas poderemos entrever cales son as reivindicacións obxecto de preocupación das mulleres.

Faremos tres presentacións nas seguintes datas e lugares, nas que contaremos coa presenza das protagonistas:

  • o venres 15 de decembro, ás 19,00 h na libraría Porta da Vila en Viveiro. Contaremos este día coa presenza de Laura Bugalho, Isabel Vilalba, Antonina Semedo e Susana Riveira.
  • o sábado 16 de decembro ás 12,00 h na libraría Lila de Lilith en Santiago de Compostela. Ese día estarán con nós Laura Bugalho, Paz Filgueira, Antonina Semedo, Marisela González e Iria Villar.
  • O martes 19 de decembro ás 20,30 h na libraría Bahía de Foz. Contaremos coa presenza de Isabel Vilalba, Antonina Semedo e Susana Riveira.

A Axenda Feminista 2018 mantén o formato do ano anterior: tamaño A5, tapa branda, goma para pechala e unha cinta para marcar a páxina desexada. O deseño das tapas correu a cargo da deseñadora Abi Castillo.

O prezo da axenda son 14 euros (ás persoas socias o Observatorio financiaralles unha parte, quedando a axenda a un prezo reducido de 12 euros) e poderase atopar nos seguintes puntos de venta:

Ribadeo: Libraría Casa das Letras.
Foz: Libraría Bahía.
Burela: Libraría Espacio Lector Nobel.
Viveiro: Libraría Porta da Vila.
Vilalba: Libraría O mundo de Suevia.
Lugo: Libraría Trama.
Sarria: EcoEspazoVitriol.
Santiago de Compostela: Libraría de mulleres Lila de Lilith.
A Coruña: Livraria Suévia.
Arzúa: Papelería Cartafol.
Vigo: Libraría Andel.
Allariz: Aira das letras.
Pontevedra: Libraría Paz.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.