Actualidad, Actualidad Social, Galicia, Turismo — 16 marzo, 2016 a las 23:59

O Museo Casa da Troia abre ao público

Por

O Museo Casa da Troia abre de novo as súas portas ao público durante a Semana Santa. Poderá visitarse dende este venres, 18 de marzo, ata o vindeiro domingo 27 de marzo. De martes a domingo, o horario é de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. Estará pechado, como é habitual,  o luns durante todo o día. 

dormitorio2 dormitorio_troia

O museo Casa da Troia recrea a pensión de estudantes e a vida universitaria de Santiago a finais do século XIX que inmortalizou Alejandro Pérez Lugín na súa novela La Casa de la Troya. Nela aloxábase o personaxe principal, Gerardo Roquer, e os seus compañeiros de estudos. Funcionou como hospedería de estudantes dende 1886 ata 1906 e abriu as súas portas como museo en 1993, xestionado pola Asociación de Antigos Tunos Composteláns. O presidente da Asociación, Benigno Amor, lembra a posibilidade de facer visitas guiadas que teñen unha duración duns 20-25 minutos.

salon_troiasalon2

Visitantes de Europa e América

Durante a Semana Santa de 2015 visitaron o museo un total de 341 persoas, o 84% procedentes de diferentes puntos de España, na súa maioría de Galicia (58%). Do resto do territorio nacional destacan os madrileños (16%), andaluces (6%), asturianos (5%), catalanes e valencianos (3% cada un).

Dos visitantes estranxeiros (16% do total) predominan os chegados de países europeos, en particular italianos e británicos; xunto cos daneses, rusos e polacos. De América do Norte e Centroamérica os máis asiduos son os turistas mexicanos e os estadounidenses. De América do Sur chegan sobre todo de Brasil, ademais de Arxentina e de Perú.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.