Actualidad Social, Portada — 6 mayo, 2017 a las 2:25

O estado de abandono dunha fábrica pegada a unha urbanización en Teo (A Coruña)

Por

O BNG  urxe ao goberno do Concello de Teo (Son de Teo – Anova – PSOE) que dea solución ao perigo que representa unha antiga fábrica de cepillos que se atopa pegada á Urbanización Augas Mansas no luar do Pedrouso. Esta estructura en estado de abandono e aspecto ruinoso constitue un perigo para a veciñanza e motivo de intranquilidade no eido sanitario ao igual que no da seguridade.

Esta fábrica en ruinas, dispón de grandes dimensións, bordea unha parte importante da Urbanización pola súa cara posterior, no seu perímetro atópanse aberturas de fácil acceso, polo que hai unha incapacidade para establecer certas medidas de seguridade. Dende hai 15 anos os veciños conviven co estado lamentable da ruinosa estructura que vaise agravando co lóxico paso do tempo. E que ninguen do goberno municipal coidou arranxar. Todo isto dá lugar á intromisión de rapaces no seu afán natural de curiosear. Pero os non tan novos tamén campan entre os cascotes e todo o que descoido fai posible concentrar. Neste descontrol hai atrevidos que suben ao tellado para xogar. O BNG indica que: “houbo pequenos incendios en anos anteriores e que é un auténtico vertedoiro de lixo”. Indican  “En febreiro do 2016 a veciñanza da Urbanización manifestóuselle ao Sr. Sisto que esta vella fábrica era usada como campo de xogo de paintball e que algúns rapaces entraban nela e mesmo subían ao cumio” Engaden: “Aínda que moitas veces solicitouse o peche efectivo do perímetro e a vixilancia da Policía Local, o Sr Alcalde segue a mirar para outro lado… No día de onte unha persoa subiu ao punto máis alto da fábrica para voar un dron”.

Neste senso manifestan” Rexeitamos as promesas baleiras e a actitude pasiva do Alcalde, que na práctica só protexe aos propietarios do solar e non á veciñanza. Non é aceptábel que o Goberno municipal se adique a deixar pasar o tempo a ver si se derrumba completamente.”

aUGAS

Fábrica de cepillos pegada á Urbanización de Augas Mansas en Pedrouso . Concello Teo (A Coruña)

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*