O helenista Pedro Olalla; Grecia desaparecerá como país

O escritor, profesor, cineasta e recoñecido helenista Pedro Olalla, acudeu onte, martes 12, á Facultade de Filoloxía invitado pola  Universidade de Santiago. O acto, que foi organizado pola Sección Galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos, quixo aproveitar a estadía do escritor en España con motivo da publicación do seu último libro, “Grecia en el aire”: Herencias y desafíos de la antigua democracia ateniense vistos desde la Atenas actual, para contar coa súa presenza, e así,  satisfacer o interese dos socios do colectivo e de persoas curiosas deste tema tan presente na sociedade actual.
Durante dúas horas houbo gran interese nas verbas vertidas a sazón das preguntas e sabedoria das moderadoras – tertulianas, Cecilia Criado e María José Martín que acompañaron na mesa a Pedro Olalla. No último turno tiveron lugar as preguntas dunha sala ateigada que non tiña presa por marchar.
Algunhas das afirmacións do escritor foron as siguientes: “A Democracia nos inicios baseábase na educación da ciudadanía” é por isto polo que os gobernos eliminan últimamente dos plans de educación as ciencias das culturas clásicas...
“Hoxe, o término ciudadáns non ten nada que ver co que representaba no tempo de Aristóteles”
“A nosa Democracia perdeu sentido en relación co xeito de organización que dou nome a palabra nos seus inicios”

«O teatro nace, na antiga Grecia, como unha necesidade para contextualizar a política. Eran representacións das situacións que se daban e que axudaban a entender as circunstancias nas que se fai unha toma de decisións por parte dos que exercen a tarefa pública»

“Nas eleccións de Grecia, Syriza propuxo un programa ambiguo para máis tarde facer unha política continuista. Non se enfrontou a Unión Europea”.

Ante as múltiples preguntas da sala o invitado dixo non querer parecer un oráculo. E nunhas apaixonadas declaracións, case rematando a intervención, manifestou a circunstancia dun país que agoniza e que probablemente sexa rachado en pedazos en pouco tempo a conta dos intereses económicos dunha UE que non mira persoas senón recursos económicos.

Ata o 14 de xaneiro estará Pedro Olalla polas cidades de Asturias e Galicia en colaboración con distintas organizacións para compartir o seu coñecemento de Grecia e a situación actual que atravesa.

*Ourense. Mércores 13 Centro Cultural Marcos Valcárcel. Acto organizado pola Deputación Provincial de Orense
*Pola de Siero. Xoves 14 . Auditorio Municipal de Siero. Acto organizado pola Fundación de Cultura de Siero.

Encontro 'Grecia: crise e democracia' co escritor e helenista Pedro Olalla Facultade de Filoloxía (Santiago)
Foto. Mariel Norat. Encontro ‘Grecia: crise e democracia’ co escritor e helenista Pedro Olalla. Facultade de Filoloxía (Santiago) 12-01-16

(Revista Rúas magazine)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.