Actualidad Social — 14 Julio, 2017 a las 13:26

O doutor Juan Gestal seguirá ao fronte da Cátedra de Hidroloxía Médica da USC

Por

Onte tivo lugar unha xuntanza celebrada no marco da Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e a Asociación de Balnearios de Galicia. Os asistentes á mesma: Benigno Amor, xerente de Balnearios de Galicia; a doutora Dolores Fernández Marcos, coordinadora da Cátedra e directora médico de Caldaria Termal (que aglutina os balnearios ourensáns de Arnoia, Laias e Lobios); a doutora Laura Gómez, directora médico do Balneario de Mondariz; e o doutor Juan Gestal, director da Cátedra e decano da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago.

De esquerda a dereita, Benigno Amor, xerente de Balnearios de Galicia; a doutora Dolores Fernández Marcos, coordinadora da Cátedra e directora médico de Caldaria Termal (que aglutina os balnearios ourensáns de Arnoia, Laias e Lobios); a doutora Laura Gómez, directora médico do Balneario de Mondariz; e o doutor Juan Gestal, director da Cátedra e decano da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago.

No transcurso da reunión, a Asociación de Balnearios de Galicia amosou o seu respaldo unánime a que o doutor Gestal, que se vai xubilar a partir do 1 de setembro, continúe á fronte da Cátedra. Ademais, fíxose un repaso á actividade da Cátedra desenvolta este curso, en particular os seminarios celebrados nos balnearios de Laias, Arnoia, Mondariz, Tui, Augas Santas e Lugo. E acordouse realizar novos seminarios o vindeiro curso en diversos balnearios da comunidade, co fin de que os futuros médicos se acheguen ás técnicas da hidroterapia termal.

Tamén se deu conta dos avances logrados no proxecto Termagal, unha ferramenta informática innovadora que permitirá aos balnearios galegos xestionar a historia clínica dos seus pacientes de maneira estandarizada. Así mesmo, abordouse a distribución do “Vademécum das augas mineromedicinais de Galicia” entre os médicos de Atención Primaria de toda Galicia. E, por último, informouse de que a Cátedra terá un papel activo na vindeira edición da Feira Internacional de Turismo Termal, Termatalia, que este ano se celebra en Ourense no mes de setembro.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*