O Colexio de Xornalistas lembra que a galega é a única forma oficial dos topónimos de Galicia

En relación á publicación, o luns 26 de setembro, dunha peza informativa sobre os resultados das eleccións ao Parlamento de Galicia en El Mundo, na que se recollían unha serie de topónimos deturpados, a Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia quere lembrar que a lei 3/1983 de Normalización Lingüística, no seu artigo 10, establece que «os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega». Tendo en conta que lle corresponde á Xunta de Galicia determinar os nomes oficiais dos concellos, núcleos de poboación e demais topónimos, as denominacións na lingua autóctona son as únicas legais a todos os efectos.colexio-de-xornalismo

 

O Colexio de Xornalistas é consciente de que esta norma está destinada á administración pública, mais semella coherente que os topónimos oficiais sexan usados de forma xeralizada, cando menos por aqueles medios presentes na Comunidade Autónoma Gallega. Asemade, mesmo tendo en conta que o Libro de estilo de El Mundo establece que «os nomes de poboacións de España […] escribiranse en castelán, incluídas as poboacións daquelas comunidades autónomas con outras lenguas oficiais, sempre e cando esta denominación estea acreditada historicamente», e obviando a dificultade en moitos casos de tal acreditación, resulta imposíbel considerar «acreditadas historicamente» denominacións como «Guinzo de Limia», «Pollo» ou «Nieves».

 

Esta non é a primeira vez que o Colexio de Xornalistas tense que pronunciar diante da insistencia dalgúns medios que tenden a castelanizar os topónimos galegos. Por iso, o Colexio de Xornalistas chama a El Mundo e ao resto de medios de comunicación presentes en Galicia a usar en todo caso os topónimos galegos na súa forma oficial, en lingua galega, que é aquela fixada pola Xunta de Galicia.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.