Actualidad, Actualidad Social, Agenda, Agenda Santiago — 28 septiembre, 2017 a las 15:21

O Colexio de Psicoloxía festexa o Día do Maior coa 2º xuntanza

Por

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) homenaxea o “Día do maior”, que se celebra o 1 de Outubro de cada ano, organizando a 2ª Xuntanza de especialistas en Psicoloxía do Envellecemento o próximo día 30 de Setembro, baixo o lema “Facendo camiño en psicoxerontoloxía: consensos básicos sobre avaliación”.

O acto, que se iniciará ás 10.00 horas no salón de actos do COPG, Rúa Espiñeira, 10-Baixo, pretende dar continuidade á primeira das xuntanzas celebrada en xuño do presente ano, e nas que se pretende discutir e consensuar procedementos de avaliación e intervención psicolóxica nos servizos de atención a persoas maiores. Os obxectivos principais destes encontros son basicamente dous. Por unha banda,  crear un espazo para que os psicólogos e psicólogas que traballan neste ámbito compartan experiencias e dificultades na práctica diaria e, por outra, crear unha rede profesional de apoio que permita detectar necesidades, propoñer solucións e analizar a súa eficacia.

Estas xuntanzas están organizadas polo Grupo de Traballo en Psicoloxía do Envellecemento, pertencente á Sección de Psicoloxía da Intervención Social do COPG. É un grupo de profesionais colexiados especialistas no ámbito das persoas maiores, que traballan tanto no campo aplicado  coma no da docencia e investigación. Entre os seus cometidos, vén realizando labores de orientación e asesoramento aos colexiados e colexiadas do ámbito, de organización e desenvolvemento de actividades formativas así como outras actividades no eido da psicoloxía do envellecemento.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*