Cine, Cultura, Música, Portada, Televisión — 7 febrero, 2017 a las 19:24

O cinema galego fai pública as nominacións para os Premios Maestro Mateo 2017

Por

María y los Demás está nomeada en 13 categorías en tanto que Dalía, a Modista recibiu 12 nominacións.

Cen Anos de Perdón e Serramoura obtiveron oito nominacións cada unha

Nominados

A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer as obras e artistas nomeados para a décimoquinta edición dos premios Mestre Mateo que cada ano revisan a produción audiovisual galega. A Academia deu a coñecer os finalistas nesta edición dos premios nun acto celebrado na sede da Fundación SGAE en Santiago que estivo presentado pola actriz María Vázquez e o actor Federico Pérez, e no que tamén participou o presidente da AGA, Carlos Ares.

Trala primeira rolda de votacións a longametraxe María y los Demás obtivo o maior número de nominacións (13), entre elas as de Mellor Longametraxe, Interpretación feminina protagonista, Interpretación feminina de reparto, Dirección e Guión.

A segunda produción máis nomeada foi a serie de televisión Dalía, a Modista, con 12, entre elas as de Mellor serie de televisión, Interpretación feminina protagonista, Interpretación masculina de reparto, Interpretación feminina de reparto, Dirección e Dirección de fotografía.

Por número de candidaturas tamén destacan a serie de televisión Serramoura e a longametraxe Cen Anos de Perdón, con oito nominacións cada unha.

Os membros da AGA iniciarán agora unha segunda rolda de votacións para elixir aos gañadores en cada unhas das 25 categorías. Os resultados daranse a coñecer na Gala dos premios Mestre Mateo que se celebrará o 4 de marzo no Palacio de Exposicións e Congresos (Palexco) da Coruña.

A listaxe de candidaturas desta décimoquinta edición dos premios estivo formado por 176 obras (5 longametraxes, 25 documentais, 10 series de televisión, 9 series web, 32 programas de televisión, 31 curtametraxes de imaxe real, 8 curtas de animación, 20 anuncios publicitarios e 36 videoclips), 171 produtoras e 498 profesionais, o que supuxo un incremento en relación ás edicións anteriores.

Maestro Mateo nominaciones

Listado de finalistas por número de nominacións:

 

María y los Demás (13)

Mellor Longametraxe (Frida Films–Avalon–TVG-Movistar Plus-TVE), Interpre- tación feminina protagonista (Bárbara Lennie), Interpretación feminina de reparto (María Vázquez), Dirección (Nely Reguera), Guión (Nely Reguera, Diego Ameixeiras, Eduard Sola, Valentina Viso e Roger Sogues), Dirección de Fotografía (Aitor Etxeberria), Dirección de Produción (Sergio Frade), Dirección de Arte (Andrea Pozo), Montaxe (Aina Calleja), Música Orixinal (Nico Casal), Son (Juan Gay, Diego Staub e Miguel Barbosa), Vestiario (Aránzazu Domínguez), Maquillaxe e Perruquería (Susana Veira e Beatriz Antelo)

Dalia, a Modista (12)

Mellor serie TV (TVG-CTV), Interpretación feminina protagonista (María Mera), Interpretación masculina de reparto (Xoán Forneas), Interpretación feminina de reparto (Covadonga Berdiñas), Dirección (Giselle Llanio), Dirección de fotografía (Suso Bello), Dirección de Arte (Suso Montero), Música Orixinal (Manu Conde), Son (Iván Ogando), Vestiario (Ana López), Maquillaxe e Perruquería (María Illobre), Dirección de produción (Concha Fontenla).

Cen Anos de Perdón (8)

Mellor longametraxe (Vaca Films-Morena Films-Telecinco Cinema-Telefónica Studios-K&S Films-Marenostrum Productions), Interpretación masculina protagonista (Luís Tosar), Dirección (Daniel Calparsoro), Guión (Jorge Gerricaechevarría), Dirección de Fotografía (Josu Inchaustegui), Dirección de Arte (Juan Pedro de Gaspar), Montaxe (Antonio Frutos), Vestiario (Patricia Monné).

Serramoura (8)

Mellor serie TV (Voz Audiovisual-TVG), Interpretación masculina protagonista (Miguel Ángel Blanco), Interpretación masculina de reparto (Alfonso Agra), Interpretación masculina de reparto (Monti Castiñeiras), Dirección de arte (Ángel Amaro), Dirección de Produción (Paula Fernández), Son (Alfonso Couceiro, Víctor Seixo, Santi Jul, Iván Laxe), Maquillaxe e Perruquería (Natalia Arcay, Noelia Arcay).

Mimosas (5)

Mellor longametraxe (Zeitun Films-La Prod e Rouge International), Dirección (Oliver Laxe), Guión (Oliver Laxe, Santiago Fillol), Dirección de Produción (Felipe Lage Coro, Rafael Álvarez), Son (Emilio García, Amanda Villavieja, Sergio González).

Esquece Monelos (4)

Mellor Documental (Danga Danga Audiovisuais), Dirección de Fotografía (Jaime Pérez), Montaxe (Sandra Sánchez), Música Orixinal (Sergio Pena).

Migas de Pan (3)

Mellor longametraxe (Xamalú Filmes-RCI Producciones), Guión (Manané Rodríguez, Xavier Bermúdez), Maquillaxe e Perruquería (Susana Veira, Yolanda Sousa, Mariana Correa, Sandra Ramos, María Laura Rebora).

Pazo de Familia (3)

Interpretación masculina de reparto (Antonio Durán Morris), Interpretación feminina de reparto (Beatriz Serén), Interpretación feminina de reparto (Carmen Méndez).

Sicixia (3)

Interpretación masculina protagonista (Monti Castiñeiras), Interpretación feminina protagonista (Marta Lado), Fernando Alfonsín (Montaxe).

Augasquentes (2)

Interpretación feminina protagonista (María Vázquez), Música Orixinal (Manuel Riveiro).

Deportes Imposibles (2)

Mellor programa de TV (Daruma Media), Realización (Gaspar Broullón Pastoriza).

Era Visto (2)

Mellor serie de TV (Producións Zopilote-TVG), Interpretación masculina protagonista (Federico Pérez).

Land Rober Tunai Show (2)

Comunicador/a de TV (Roberto Vilar), Realización (José Villaverde).

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.