O BNG, dentro do 25N, convida á participar na mesa redonda sobre o papel da xustiza no eido das violencias de xénero

Baixo o nome “Acoso e delito sexual a debate, o papel da Xustiza» o Partido Nacionalista abre o debate e convida á participación nesta programación do 25N

Unha mesa redonda na Facultade de Dereito que contará coa portavoz nacional Ana Pontón, coa fiscal de violencia de xénero Pilar Fernández, con Alba Barcia de Galiza Nova e Goretti Sanmartín concelleira do BNG no Concello de Santiago

 

O BNG e Galiza Nova organizan o acto “Acoso e delito sexual a debate, o papel da Xustiza” enmarcado na programación do 25N, Día para a Eliminación das Violencias contra as Mulleres, que contará con Ana Pontón, portavoz nacional do BNG; Pilar Fernández, fiscal especialista en violencia de xénero; Alba Barcia, da asemblea de mulleres de Galiza Nova; e Goretti Sanmartín, portavoz municipal do BNG no Concello de Santiago. Será o mércores 21 de novembro ás 19:00 horas na aula 11 da Facultade de Dereito.

Segundo explicou Goretti Sanmartín en rolda de prensa, “o BNG quere poñer de relevo este ano o tema do acoso e do delito sexual, sabemos que hai unha proliferación de casos e cuestións que hai que abordar desde o ámbito xurídico, da educación e da sensibilización; mais queriamos centrar a campaña cun acto sobre o papel da Xustiza”.

Así convidou a participar nesta mesa redonda sobre o acoso e delitos sexuais a todas as persoas interesadas, de maneira especial ao estudantado universitario. “Se non mudamos esta xustiza patriarcal, vai ser difícil combater o acoso e os abusos sexuais, necesitamos para iso dar pasos grandes que se deron na violencia de xénero, como cando deixan de pertencer ao ámbito privado por pasar a considerarse un delito público ou que sexa perseguíbel como delito independentemente da denuncia”, explicou. “Tamén é preciso dar este salto sobre a violencia sexual”, engadiu.

Para o BNG, cómpre modificar a modificación estatal de violencia de xénero de acordo co Convenio de Istambul, de forma que a violencia sexual sexa recoñecida como tal, como xa fixo a lei galega no ano 2007. Estará no debate tamén a necesidade de crear xulgados exclusivos de violencia de xénero en todas as cidades galegas.

Hai que ter en conta que o Consello Xeral do Poder Xudicial estima que, cando menos, un 20% das agresións sexuais non son denunciadas. Tanto a Fiscalía do Estado como diferentes voces da Xustiza galega advirten dun aumento da violencia machista e dos delitos contra a liberdade sexual, onde os abusos sexuais incrementan a súa brutalidade e alertan dun posible efecto imitación das agresións en grupo. Ademais, ano a ano se incrementan os delitos por parte de menores de idade que cometen agresións sexuais.

O BNG esixe da Xunta un incremento dos recursos económicos destinados a loitar contra a violencia de xénero que, como mínimo deben situarse no 1% en 2020, para dispor de partidas específicas para mellorar a atención á violencia sexual. Outro dos puntos que reclama o BNG é garantir a gratuidade da atención xurídica ás vítimas de violencia sexual.

En 2018, Galiza rexistrou 540 delitos de tipo sexual, o que supón un aumento do 17% respecto do ano anterior; isto supón que en Galiza se denuncia de media máis dunha agresión diaria.

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*


Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.