O vindeiro luns, día 6 de maio, o Ateneo de Santiago dará inicio á campaña das eleccións municipais do 26M co primeiro debate dos principais candidatos á Alcaldía compostelá.

Baixo o título “O proxecto cultural da cidade”, Martiño Noriega de CA, Agustín Hernández do PP, Xosé S. Bugallo do PSOE e Goretti Sanmartín do BNG exporán, durante 10 minutos cada un, as propostas culturais máis relevantes dos seus respectivos programas electorais a desenvolver durante a vindeira lexislatura na cidade. A continuación, abrirase unha quenda de preguntas, na cal os asistentes ao acto poderán formularlle aos candidatos as cuestións relativas ás súas respectivas políticas culturais que consideren oportunas.
Este primeiro encontro dos catro candidatos coa cidadanía compostelá terá lugar ás 20 horas na Rúa do Vilar, 19. Asemade pódese seguir igualmente en directo a través do facebook do Ateneo de Santiago
Dejar una contestacion