O 8M chega este domingo fixando a mirada nos coidados

O domingo as mulleres voltan á rúa nun berro conxunto para reivindicar novamente o dereito a vivir en igualdade. Unha festa que agrupa a varios colectivos baixo o paraugas do 8M Compostela que camiñarán co slogan «Sementando rebeldía» «Colleitando liberdade». A Manifestación sairá da xa tradicional Praza 8 de Marzo ás 19:30 horas. Agárdase chegue sobre as 21:00 horas á Praza do Obradoiro, lugar onde se leerá o Manifesto. O itinerario do percorrido é o siguiente: Virxen da Cerca, Praza de Galicia, Rúa da Senra, Porta Faxeira e Rúa do Vilar para desembocar no Obradoiro. 

Este 8 de marzo tamén será de moita actividade, igual que o ano pasado, con catro itinerarios de ruadas que discorrerán pola mañá por Santiago de Compostela, de 12:00 ás 13:30 horas, nunha chamada á participación polos diferentes barrios da cidade: Castiñeiriño, Conxo, Cancelas, Cruceiro da Coruña.

Tamén haberá actividades e obradoiros na Praza 8 de Marzo de 15:00 a 19:00 horas

A sociedade ten unha cita ca historia, co xeito de concebir un espazo para a convivencia e avanzar nun mundo entre iguais. Este 8 de marzo vén a empurrar unha obriga co sentido común na reivindicación das mulleres na necesidade de compromiso co traballo dos coidados que soporta principalmente a muller en circunstancias de dobres xornadas. Un traballo invisible nesta sociedade que non é garante dun servizo que é imprescindible no día a día de calquer persoa ou familia, e que tiña que considerarse un ben social. Así o manifestan as mulleres que este ano fan fincapé deste xeito «Sen coidados…Non hai vida» e a o tempo sinalan «Esiximos políticas públicas de coidados con cobertura universal» Para que todos teñan posibilidades  dunha plaza en espacios públicos pensados para protexer a vida, sen ser excluídos por falta de recursos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.