O 1º de maio en Santiago de Compostela con tres manifestacións ao longo do día

Por

Tres manifestacións percorreron as rúas compostelás no día adicado ao movemento obreiro para mirar e chequear o traballo hoxe

A CIG convoca unha folga xeral para o 19 de xuño

O feminismo manten os folgos na aposta de empoderamento

1 de maio de 2018. O Sindicato da CIG. Praza de Praterías

Cuns raios de sol que fuxían do inverno primaveral que nos acompaña nestas últimas datas, celebrouse o 1º de maio en Santiago de Compostela. Tres foron as manifestacións que tiveron lugar, dúas pola mañá e outra pola tarde. A da primeira hora era convocada por UGT e CCOO e arrancaba ás 11:30 da emplemática Alameda compostelá para percorrer as rúas tradicionais nas reivincacións da cidadanía en Santiago, para posteriormente rematar na Praza das Praterías, onde leuse o manifesto e sonou a Internacional, ademais do himno galego.

Ben nutrida na súa concurrencia saía da Praza Roxa ás 12:00 da mañá o sindicato da CIG que tamén ía percorrer as mesmas rúas, e ao igual ca anterior remataría na Praza de Praterías.  Xa pola tarde, partía da Praza 8 de Marzo cara ao Toural a manifestación feminista para non esquecer a loita da muller e a necesidade de empoderamento.

Unha xornada adicada ao movemento obreiro para poñer de manifesto aqueles aspectos que necesitan dunha maior atención e urxencia. Claro que desta sabemos que o listado é longo e grave. Por iso a CIG ten convocada unha folga xeneral para o día 19 de xuño e convida aos outros sindicatos a participar. (Agardamos subir uns vídeo o antes posible)

Cara a Plaza das Praterías CCOO e UGT

CCOO e UGT na manifestación conxunta en Santiago de Compostela. 1º de maio de 2018

1 de maio de 2018 UGT e CCOO cara á Praza de Praterías

1 de maio de 2018 A CIG entrando pola rúa do VIlar cara á Praza de Praterías

1 de maio de 2018. O Sindicato da CIG. Praza de Praterías

Fotos UGT premendo aquí 

José Benito Núñez contesta á pregunta de porque sairon da Alameda ás 11:30h Namentras que a CIG saía ás 12 da Praza Roxa. Tamén comenta o feito de non ir de xeito conxunto todos os sindicatos.

Fotos CIG premendo aquí

No principio do vídeo Néstor Rego marca algunhas diferenzas que separan á CIG da UGT e CCOO respondendo á pregunta de iren por separado.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*