Actualidad Social, Portada — 30 septiembre, 2017 a las 5:09

Novas sociais

Por

Os arquitectos galegos instan ao coidado do medio ambiente

Os arquitectos galegos promoven loitar contra o cambio climático no Día Mundial da Arquitectura baixo o lema “Actuemos contra o cambio climático!”, Deste xeito,  o día 2 luns, as sete delegacións do Colexio de Arquitectos de Galicia programan visitas e conferencias nas que se expoñerán as pautas da arquitectura sustentable e que asemade dos colexiados poden participar persoas interesadas. Máis información premendo aquí

50 aniversario dos estudos de economía en Galicia

Este ano académico cúmprense 50 anos dos estudos de economía en Galicia, que se impartiron na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago dende o curso 1967-68.
Con tal motivo, a USC preparou un extenso calendario de actividades que presentarán o luns 2 de outubro en rolda de prensa o reitor Juan Viaño e a decana da Facultade e presidenta do comité organizador, Emilia Vázquez.

O programa de actos, que se inaugurará solemnemente o martes 3 en Fonseca coa participación de numerosas personalidades que foron alumnos do centro –entre eles, os ex presidentes da Xunta de Galicia Fernando González Laxe e Emilio Pérez Touriño-, contempla coloquios, certames, foros de emprego ou encontros científicos e académicos internacionais.

Claustro de Fonseca. (USC) Santiago de Compostela

O Instituto de Ciencias da Educación e Alumni USC desenvolven este sábado o segundo encontro de intelixencia emocional

O Instituto de Ciencias da Educación (ICE) e a Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC (Alumni USC) organizan este sábado 30 a segunda edición do Foro de Educación Emocional e Social (EnMente2), dirixido tanto a integrantes da asociación como ao público en xeral. Será a segunda edición dun encontro que en 2016 reuniu preto de 200 persoas, entre profesionais do eido educativo, pais e nais, alumnado de grao e máster, profesionais da psicoloxía e da educación así como a persoas interesadas en traballar as súas competencias emocionais e sociais.

Concurso de poesía cun prazo de presentación ata o 8 de outubro

Nacemento do Club dos Poetas Vivos, o noso foro poético en Zenda, cun concurso de poesía, dotado con 3.000 euros en premios e patrocinado por Iberdrola. E cun xurado formado polos poetas José Manuel Caballero Bonald, Luís García Montero, Raquel Lanseros, Antonio Lucas e Ana Merino, con Miguel Munárriz como secretario.

Prazo de entrega: Do domingo 24 de setembro ás 12:00, ao domingo 8 de outubro de 2017 ás 23:59. O martes 10 de outubro publicaremos en Zenda unha selección cos 20 poemas que optan aos premios. O mércores 11 de outubro de 2017 difundiranse os nomes do gañador e do finalista.

Abriu o prazo de inscrición para participar no proxecto Mentoring USC

A Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social abriu hoxe o prazo para que o alumnado poida inscribirse na III convocatoria do Proxecto Mentoring. USC de Desenvolvemento Profesional, unha iniciativa para facilitar o acceso ao mercado laboral que pon en contacto os estudantes con directivos e profesionais de empresas. O prazo remata o 5 de outubro.

Últimos días para solicitar participar na Orquestra do Espazo de Cámara da USC

A Orquestra do Espazo de Cámara da USC mantén aberta a convocatoria deste curso, á que se pode presentar calquera persoa que saiba tocar un instrumento orquestral, con preferencia os da comunidade universitaria. A admisión quedará supeditada á superación da audición prevista para o martes 3 de outubro ás 21:00 horas na Igrexa da Universidade. De non poder asistir, existe a modalidade non presencial enviando un vídeo.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*