Cine, Cultura, Portada — 13 septiembre, 2017 a las 19:00

Novas Culturais

Por

O Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC) ofrece 150 prazas para un Curso de Cinema. Os Corpos do Cinema. A duración é de 7 meses;  do 18 de outubro 2017 ao 23 de maio de 2018. Un día a semana, os mércores, de 19:00 h. a 20.00 horas. Matrícula ordinaria: 80 € / Socios do Cineclube de Compostela: 65 €.

Certificación: O CGAC entregará un certificado a todas aquelas persoas que asistan, como mínimo, ao 75% das sesións. 

Dirección: José Manuel López/ Coordinación: Virginia Villar /Destinatarios: Profesores, estudantes e todas as persoas interesadas no cinema.

**** O prazo de inscrición está aberto ata o 17 de outubro de 2017. As persoas interesadas poden enviar un correo electrónico a cgac.educacion@xunta.gal no que deberán indicar o seu nome completo, DNI, estudos, área de traballo ou interese, un enderezo de correo electrónico e un teléfono de contacto. Unha vez aceptada a solicitude, informarase ás persoas inscritas sobre como realizar o pago.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.