Actualidad, Actualidad Social, Cultura, Danza, Literatura, Portada — 19 agosto, 2017 a las 15:05

Novas culturais

Por

O Centro Coreográfico Galego (CCG) abrirá dous novos cursos de danza moderna e contemporánea no mes de  setembro.

A sede do CCG na Coruña acollerá estas clases impartidas por Bárbara Monteagudo, entre os días 4 e 8, e Fernando Lázaro, do 15 ao 17. Información

O Clúster Audiovisual Galego (Clag) con apoio da administración pública pon en marcha a undécima entrega de “Pitching I+P Ideas para producir”
Ábrese o prazo ata o 10 de outubro para a recepción de proxectos. O xurado seleccionará 15 traballos que serán presentados o 22 e 23 de novembro.

Obxectivo: a procura de alianzas empresariais cara á coprodución, venda ou distribución de novas propostas audiovisuais galegas presentadas por produtores, directores ou guionistas.

Desenvolvemento: presentación de 15 pezas diante de destacados axentes do sector audiovisual español, entre os que haberá responsables de produtoras, distribuidoras, oficinas de vendas e canles de televisión. A sesión de pitching complementarase coas reunións entre os responsables das propostas e os potenciais compradores convidados polo Clag. As empresas ou profesionais do eido audiovisual que estean interesados en participar poden inscribir os seus traballos a través deste enderezo electrónico: comunicacion@clag.es  O Clúster Audiovisual Galego dará a coñecer a partir do 30 de outubro os traballos seleccionados.

A figura da cantante e actriz Mercedes Mariño

O día 1 de agosto presentouse no Carballiño o libro do autor Xosé Enrique Acuña “Estrella e Elipse de Mercedes Mariño”. A publicación dá a coñecer á esquecida actriz e cantante galega Mercedes Mariño, unha muller á que non se lle deu merecemento pola súa contribución no eido artístico. Nacida en 1909 en Monforte de Lemos (Lugo) emigrou de nena coa súa familia a Cuba. Alí e dende moi pronto empezou a integrarse e a colaborar coa Agrupación Artística Galega onde se formou e experimentou no oficio. Aos 18 anos firmaría un contrato que a levaría a Nova York para traballar como actriz e cantante. A publicación fíxose pública dentro das Xornadas de Cine e Video do Carballíño (Ourense).

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.