Noite de teatro e danza en Compostela

Showcases 2
«30 e tantos ósos» de Aporía Escénica.

Ata hoxe podedes ver en Santiago algúns dos traballos que conforman a carteleira do II Galicia Escena Pro, escaparate de novidades das Artes Escénicas galegas que se dirixe a programadores, promotores e distribuidores culturais (aínda que o público en xeral tamén pode acudir gratuitamente previa retirada das entradas na billeteira). O evento, que conta entre a súa programación con pezas completas e en formato showcases, celébrase en varios espazos da cidade, entre eles o Teatro Principal e o Salón Teatro.

Rúas Magazine estivo na noite do luns, a partires das 22.00 horas, precisamente no Salón Teatro, onde os espectadores puidemos ver cinco obras dispares en temas, fórmulas e xéneros.

O acto arrincou coa presentación dos títulos e das compañías na orde de representación, e coa advertencia ao público da cancelación da actuación da compañía B.B. Producións que ía intervir coa obra Muller Cine.

As primeiras en aparecer sobre o escenario foron as actrices de 30 e tantos ósos, de Aporía Escénica, cuxa obra trouxo nos primeiros minutos as letras e melodías de cánticos infantís tan coñecidos como Al pasar la barca ou Soy capitán, e que rematou por camiños ben distintos que lembráronme o espírito das activistas de FEMEN. A peza reflexiona sobre como o proceso de socialización, dende a nosa tenra infancia, lévanos a asumir como normais actitudes inxustas e estúpidas, e critica ás persoas que aceptan as convencións socias sen interrogarse pola súa idoneidade, labrándose en moitas casos a súa propia infelicidade. Un exemplo de teatro contestario e divertido.

Showcases 3
«Stay», de Cisma Danza.

Illas Atlánticas, de A Producións Artísticas, foi a máis vangardista das producións da sesión, deixando pegadas nas retinas imaxes moi oníricas, nas que o xogo de luces, ademáis de beleza, transmitía unha sensación de inquietude, unha atmósfera suxestiva e tétrica. A danza tivo presenza en exclusiva con Stay, de Cisma Danza, cuxos bailarines movéronse enriba das táboas co seu vaivén moderno, e os risos contaxiosos demostraron ter un pacto con Antón Coucheiro, quen fixo gala del na comedia Psicópata, interpretando ó «Asasino do cúter» cuxos crimes elévanse a niveis estéticos de arte. Entre todos eles, sobresae o exterminio nunha rave en Ortigueira que será explicado ós espectadores, queiran ou non, con todo luxo de detalles.

O peche do showcases correu a cargo das Fillas Bravas, de Chévere, e do son das pandeiretas.

Showcases 4
Antón Coucheiro en «Psicópata»

 

Fotos: Daisy Yang

 

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.