MUFEST; o cine feito por mulleres entrégase do 10 ao 14 de marzo

 CANCELADA POLAS MEDIDAS FRONTE AO CORONAVIRUS                                

 

Volve o festival de cine feito por mulleres que durmeu durante uns anos por falta de financiamento. Agora volve cun importante esforzo por parte da asociación promotora do mesmo. Volve pola moita paixón e por algunhas complicidades. Así o manifestou en rolda de prensa Nanina Santos; unha das organizadoras que pertence á Asociación Cultural Andaina. O venres pasado, previo ao 8M, presentouse este IV MUFEST no Concello de Santiago da man da concelleira de Igualdade, Noa Díaz, e na que tamén estivo Sara Doval, de Andaina

Mañá, martes 10, arrinca esta IV edición no Auditorio do Museo das Peregrinacións e  posteriormente no Teatro Principal, e que incorpora e visibiliza a mirada feminina no eido audiovisual,  ofrecendo ata o sábado 14 o traballo de moitas mulleres na linguaxe artística para retratar a outra realidade. O evento  tivo grande poder de convocatoria na recepción de traballos: con 627 filmes inscritos procedentes de 50 países; e onde os documentais serán un elemento importante na perspectiva de muller.

 De esquerda a dereita: Nanina Santos, Sara Doval e a concelleira Noa Díaz                                                                           @Mariel Norat.

Ao igual que xa o fixera Cineuropa na última edición, o MUFEST  ofrece a visión feminina na consideración dos puntos de vista nas diferentes temáticas, como pode ser: a violación, sexualidade, maternidade, traballo ou outros aspectos da vida. Esa necesaria presencia das creadoras audiovisuais explica e completa aspectos contextuais sociais que a través da ficción favorecen o entendemento da realidade. Asemade, dá posibilidade de acercamento doutros pensamentos e doutras realidades para axuda á empatía entre as persoas.

Preme aquí para  ver o programa

Sobre Mariel Norat 213 Artículos
Licenciada | Graduada en Ciencias de la Comunicación. Periodista.

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*


Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.