Movilizacións en contra da reforma da Lei de Saúde

Por

A formación En Marea respalda as movilizacións que promove a Plataforma SOS Sanidade Pública para as vindeiras semanas en protesta contra a reforma da Lei de Saúde.

Oscar Corral

O pasado luns Luis Villares e a deputada Eva Solla mantiveron unha xuntanza coa Plataforma SOS Sanidade Pública. Neste encontro os representantes políticos trasladaron o apoio da formación á causa que terá visibilidade na protesta contra a reforma da Lei de Saúde, e manifestaron:

“Non existe un colapso das urgencias. Existe un colapso no sistema sanitario galego e o responsable non é unha gripe calquera; é a gripe da mala xestión do goberno de Núñez Feijóo”. E engadeu: “A privatización dos recursos e os recortes, sobre todo de persoal están a deteriorar a calidade do servizo que vai repercutir na saúde dos galegos”

Do mesmo xeito, fai un chamamento á ciudadanía para que se movilice, segundo súas palabras: “é a única forma de frear a reforma da Lei de Saúde”, que, o seu entender, “encobre unha privatización e unha diminución da calidade do servizo que afecta a toda a poboación”.
As movilizacións convocadas pola plataforma SOS Sanidade Pública e a Asociación Galega para a Defensa de Sanidade Pública están marcadas para o día 24 de xaneiro concentracións en todas as áreas sanitarias de Galicia.

Dúas semanas máis tarde, o 4 de febreiro, Santiago de Compostela será o punto onde se espera a maior movilización para conseguir a retirada deste decreto de modificación da Lei de Saúde de Galicia,  na procura de preservar o modelo público sanitario.

Manuel Martín, portavoz de SOS Sanidade Publica, ten en valor o respaldo do grupo político En Marea, e advirteu que ante o perigo que corre o sistema sanitario en Galicia a xente debe movilizarse por riba de ideoloxias. Declarou: “Os recortes impostos polo actual goberno poñen en perigo a atención sanitaria”
Por outra banda, o portavoz da plataforma sinalou que a reforma impulsada polo Executivo Galego tenta “desmantelar os hospitais comarcais para recortar gastos e recentralizar o sistema sanitario nos grandes hospitais”. Engadeu: “O goberno de Núñez Feijóo é profundamente centralizador, está en contra de achegar a atención sanitaria a toda a cidadanía, especialmente nas áreas rurais e as áreas onde hai máis poboación dispersa”, aseverou Manuel Martín.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*