Actualidad Social, Agenda, Agenda Santiago, Cultura, Portada — 17 noviembre, 2017 a las 18:42

Medalla de Ouro da USC para os investigadores Michèle e Armand Mattelart

Por

O reitor Juan Viaño imporalle a Medalla de Ouro da USC Michèle e Armand Mattelart, reputados investigadores no ámbito da comunicación. A Medalla é a máxima distinción para facer patente o recoñecemento da Universidade de Santiago de Compostela e concédese a persoas ou entidades que sobresaian dun xeito extraordinario pola súa contribución ao sostemento ou ao cumprimento dos fins da institución.

 

O acto institucional de imposición celebrarase o martes 21 ás 13.00 horas na Facultade de Ciencias da Comunicación coa participación da catedrática Margarita Ledo para realizar a laudatio dos dous investigadores homenaxeados.

A parella de intelectuais está considerada como referentes mundiais que marcan a traxectoria máis destacada do pensamento crítico europeo e iberoamericano sobre as ciencias da comunicación nos últimos 50 anos pola súa orixinal abordaxe da confluencia sistémica dos medios e as estruturas sociopolíticas de poder, a análise dos fluxos comunicacionais entre centro e periferia ou da transnacionalización das redes de telecomunicacións e información, entre outros.

A proposta de nomeamento realizada pola Facultade de Ciencias da Comunicación, subliña a influencia destacada do pensamento dos Mattelart na modernización dos estudos de comunicación na España das últimas dúas décadas do século XX “e, sobre todo, na orixe e desenvolvemento da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC”. Segundo esta proposta, as teorías desta parella de intelectuais “representa o enfoque máis renovador, contemporáneo e influínte da comprensión dos cambios que se estaban producindo no ámbito da globalización e no sistema de medios de información a través da introdución das novas tecnoloxías e satélites de comunicación, de Internet e das redes dixitais”.

A investigación e bibliografía dos Mattelart está presentes nos principais programas das materias didácticas dos graos de Xornalismo e Comunicación Audiovisual da Facultade compostelá. Destacan os aspectos que relacionan a economía da comunicación, as políticas públicas, os estudos de xénero e máis a análise crítica do discurso, que son “nucleares” na formación dos graos que imparte a USC neste área de coñecemento.

AGACOM
A imposición da máxima honra da USC coincide coa participación de ambos investigadores no I Congreso Internacional da Asociación Galega de Investigadores e Investigadoras en Comunicación (AGACOM), que se celebrará os días 20 e 21 de novembro co lema ‘Alén das fronteiras: redes de diversidade’. Con este encontro AGACOM busca promover e impulsar a investigación no ámbito da información e a comunicación no ámbito lusófono. A cita cadra ademais co 25 aniversario da implantación dos estudos de comunicación en Galicia, concretamente na USC.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*