Actualidad — 12 febrero, 2018 a las 19:46

Matricula aberta para aprendizaxe de linguas

Por

Centro de Linguas Modernas (CLM) pechará o próximo 15 de febreiro o prazo de matrícula nos cursos de idiomas para todas as persoas que xa teñan o nivel asignado e que desexen continuar estudos ou comezar a aprendizaxe dunha nova lingua. Esta ampliación do período de matrícula será extensible aos cursos de alemán, francés, inglés,

Campus Sur Santiago de Compostela. USC

español como lingua estranxeira e galego para non galego falantes do Campus de Lugo e nos de alemán, francés, inglés, italiano, portugués, catalán, checo, chinés, xaponés, galego para non galego falantes e español como lingua estranxeira no Campus de Santiago.

Como novidade neste segundo período académico do curso, no Campus de Lugo ofértase un curso de alemán nivel B1 de preparación para o título Zertifikat B1 e no de Santiago un curso de redacción de Traballos Fin de Grao en alemán e un cursos de destrezas comunicativas do nivel B1 no mesmo idioma, así como cursos semiintensivos de inglés de B1 e B2.

Test de nivel

O test de nivel está dirixido a aquelas persoas con coñecemento previos do idioma e que desexen matricularse nalgún deste cursos pero carecen do nivel asignado, ben polo propio CLM ou pola EOI nos últimos dous anos. Para realizar este test é preciso establecer contacto co CLM a través do correo electrónico clm@usc.es.

Probas de competencia

Ademais da súa oferta de idiomas estable ao longo de todo o curso, o CLM é o centro examinador para a comunidade universitaria da USC de alemán, inglés, francés, italiano e portugués en Santiago e de alemán, inglés, francés e portugués en Lugo para as probas B1 e B2 segundo as convocatorias dispoñibles no web do CLM.

En calidade de centro delegado de diferentes entidades de prestixio internacional, o CLM organizará durante este segundo período académico do curso 2017-2018 máis probas para acreditar os niveis segundo o MECR, neste caso abertas a persoas alleas á USC. Entre outros, o CLM colabora co Goethe Institut, Instituto Cervantes, Japan Foundation, Università per Stranieri di Siena ou co British Council, entre outros.

O alumnado pode validar 25 horas por un crédito ECTS sempre que teñan o B1 acadado noutra lingua. Canto maior sexa o grao de coñecemento, máis créditos poderán acadarse segundo a normativa existente.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*