Manuel María na voz de Uxía

A solista Uxía abre a axenda dos actos culturais que terán lugar en Galicia para rendirlle homenaxe ao poeta Manuel María.

O Teatro Principal de Santiago de Compostela será escenario, o vindeiro luns 22, do acto oficial que conmemora ao protagonista do Día das Letras Galegas 2016.

Na voz de Uxía soarán os versos do poeta galego, nun concerto que referencia seu traballo de 2013, e que leva por título Andando Terra. Este traballo musical vai percorrendo os diversos camiños e temáticas poéticas do escritor, desde a amorosa e intimista, á paisaxística e popular, a máis transcendente e metafísica, até a defensa da natureza ou a defensa da lingua.

Apreciase unha publicación coidada que combina a voz e sensibilidade da artista coa inspiración nos versos de Manuel María. Ademais, vai ser neste contexto onde se visionará o documental De amor e cantería, de Pixel Films. Esta peza fílmica que mereceu o premio Mestre Mateo 2011 á mellor producción experimental, conta cunha duración de 14 minutos, e recrea de xeito  visual e sonora os «Sonetos á Casa de Hortas» que Manuel María fixo á súa casa natal de Outeiro de Rei. O guion e textos deste documental son de Anxa G. Refoxo.

andando_a_terra_02

Máis información sobre a publicación

Andando Terra e un orixinal porta-poemas acompañado dunha selección de 52 poemas (un por cada semana do ano). Incorpora un simbolismo especial ao ir acompañado dunha folla de carballo recollida con agarimo por Saleta, muller do poeta, e  amigas/os da Casa-Museo nun lugar tan querido polo poeta como a Carballeira da Santa Isabel de Outeiro de Rei.

Sobre Mariel Norat 210 Artículos
Licenciada | Graduada en Ciencias de la Comunicación. Periodista. Eterna estudiante e incansable observadora

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*


Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.