José Ignacio Wert e o negocio dos másteres

FOTO. Mariel Norat. Facultad Química
Facultade de Química. Santiago de Compostela. USC
Campus Sur Santiago de Compostela. USC
Campus Sur Santiago de Compostela. USC

 

Neste triste acontecer do século XXI tamén temos que ver como o coñecemento se convirte en mercaduría. Non é xusto nin xustificable. Moi americano aquilo de “Por se a criatura ten interese en estudar é mellor ir facendo peto”. Acceder ao coñecemento vai ser cuestión duns poucos, claro. 

No ámbito universitario estes días estase a vivir unha situación revolta, pois o novo plan das carreiras universitarias, volve a cambiar despois de que no ano 2010 se implantase o Grado para a adaptación ao Espacio Europeo de Enseñanza Superior. Daquela, a licenciatura que eran 5 anos,  pasou a ser de 4 anos co Grado. Aínda non dou tempo a valorar esta última reforma que, todo hai que dicilo, contou con moitos detratores dentro da comunidade universitaria no momento da súa implantación. Agora chega a nova lei do Ministro Wert. Un plantexamento universitario neoliberal feito de xeito unilateral, sin contar cos distintos colectivos que conforman a educación e a enseñanza. O Ministro de Educación e Cultura pon a funcionar a maquinaria para que o Grado pase a ser, nesta ocasión, de 3 anos, e que se complete con un máster de dous anos (3 + 2), cuns custos elevados para o alumno, que non todas as familias poden pagar. Este é un tema maior ao que a ninguen lle pode resultar alleo, estamos a falar do compromiso co futuro de calquer sociedade civilizada que ten a obriga de evolucionar. O Ministro de Educación e Cultura, José Ignacio Wert (por certo o seu apelido traducido do alemán é valor) pretendía unha posta en marcha inmediata de dita normativa. Unha lei que é contraria aos criterios dos reitores das universidades españolas, polo que a frenaron, solicitando un prazo para a súa implantación, unha data que agarda ata o 2017. Tendo en conta que cada goberno que chega fai os cambios que lle peta, e como dentro de pouco temos eleccións… Igual hai sorte e non sae.

Facultade de Ciencias de la Comunicación. USC
Facultade de Ciencias da Comunicación. USC

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.