IX Premios Auditorio de Galicia para Novos Artistas

Primeiro Premio Mery Pais

Actualización 12/03/16.                                                                                                                                                                            

Os Premiados 2015

Primeiro Premio Mery Pais
Primeiro Premio Mery Pais

O proxecto #Intrusas da compostelá Mery Pais (Santiago de Compostela, 1990), primeiro premio, afonda sobre un tema sensible que non sempre é suficientemente visible: a situación de exclusión social a que se ven sometidas as protagonistas da obra pola súa condición de “musulmás”. Pon así de manifesto, conceptos como o racismo ou a criminalización colectiva de toda unha cultura. Unha peza que sen dúbida invita á reflexión.

A vídeoperformance de Verónica Vicente (Tomiño, Pontevedra, 1988) ‘Figuras decorativas’ que acadou o segundo premio, fala da estetización do corpo e da progresiva perda de identidade. Un corpo sometido á presión da moda aparece completamente introducido nunha peza de roupa e exposto enriba do mobiliario a modo de escultura decorativa. Un corpo atrapado no seu propio corpo. Verónica terá a oportunidade de presentar, como parte deste premio, unha intervención inédita para a Zona “C”.    

E José Manuel Vidal (Sanxenxo, Pontevedra, 1977) pecha a nómina dos premiados co accésit pola obra ‘Espacio compartido en la edificación del instante’ onde cada columna está composta por formas de escaiola que se encaixan unhas sobre outras e se amoldan entre si. Son en palabras do artista, ‘unha consecución de instantes, un rastro de momentos irrepetibles, amoldarse a outro para sostelo mentres outro se amolda a ti e entre todos formar un novo corpo’.

 De esquerda a dereita o accésit José Manuel Vidal, a premiada Mery Pais; a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra; o alcalde Martiño Noriega, David Barro e Román Padín, membros do xurado.
De esquerda a dereita o accésit José Manuel Vidal, a premiada Mery Pais; a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra; o alcalde, Martiño Noriega, David Barro e Román Padín, membros do xurado.

 

 

Todos os gañadores do Primeiro Premio dende a primeira convocatoria

2001. Raúl Pereira (Pontevedra, 1977)

2002. Lorena Gómez (Ourense, 1978)

2003. Rubén Ramos Balsa (Santiago de Compostela, 1978)

2005. Pablo Pérez Sanmartín (Vilagarcía de Arousa, 1980)

2007. Manuel Eirís (Santiago de Compostela, 1977)

2009. Holga Méndez (Pontevedra, 1971)

2011. Federico Vladimir Strate Pezdirc (Bos Aires, Arxentina, 1983)

2013. Olaia Sendón (A Coruña, 1978)

2015. Mery Pais (Santiago de Compostela, A Coruña, 1990)

 

Santiago 11/03/2016. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, xunto co xurado que valorou as pezas artísticas, entregan os galardons este venres ás 19:00 horas no Auditorio de Galicia.

Nesta nova edición concurriron aos premios 113 obras, das que resultaron escollidas 40 pezas que estarán expostas ao público. Os Premios Auditorio de Galicia para Novos Artistas desvelaránse esta tarde; unha vez montadas na sala de exposicións as obras, o xurado veunas todas de novo e escolleu un primeiro premio (dotado con 6.000 euros); un segundo premio (dotado con 1.000 euros e unha intervención inédita na Zona “C”) e un accésit (de 1.000 euros). 

 Os tres gañadores serán dados a coñecer hoxe durante a inauguración da exposición entre a selección dos seguintes artistas: Carlos AG, Amine Asselman, Pablo Barreiro, Marta Bran, Samuel Castro, David Catá, Daniel Cerecedo Bretal, Sara Coleman, Iria Cortizo, Dana Díaz, Dio3stu (Iñaki López), Roi Domínguez, Raquel Durán & Rut Briones, Támara Feijoo Cid, Félix Fernández, Javier Fernández Pérez de Lis, David Ferrando Giraut, Marta Fortes, Furallefalle (Vanesa Castro), Lúa Gándara, Christian García Bello, Diego Germade Castelo, Amaya González Reyes, Enrique Lista, M8K8 (Marcos Covelo), Jesús Madriñán, Joseba Muruzábal Pérez, Rosa Neutro, Mery Pais, Ignacio Pérez, Lara Pintos, Uxia Piñeiro, Mar Ramón Soriano, Aarón Sanromán, Borja Santomé, Nieves Seara, Ismael Teira, Mónica Trastoy, Verónica Vicente e José Manuel Vidal Vidal.

40 seleccionados
40 seleccionados

Son membros do xurado do noveno premio Auditorio de Galicia para novos artistas 2015: D. David Barro López, director da Fundación Luis Seoane, Dna. Carmen Fernández Rivera, directora do Museo de Arte Contemporánea (MAC), D. Román Padín Otero, profesor Esdemga e crítico de arte e moda, Dna. Mar Rodríguez Caldas, profesora na facultade de Belas Artes, comisaria e artista, Dna. Silvia Modia Ferreiro, directora xerente en funcións do Auditorio de Galicia; actúa como presidente do xurado –por delegación da Presidente do Consello Reitor do Auditorio de Galicia–; e Dna. Chus Busto Castiñeiras como secretaria deste xurado, con voz e sen voto.

Sobre Mariel Norat 205 Artículos
Licenciada | Graduada en Ciencias de la Comunicación. Periodista. Eterna estudiante e incansable observadora

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*


Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.