Interpretando a memoria de Castelao na cidade de pedra

De Izda a Derecha: Flavia Ramil, Sindo Guinarte e Suso Martínez                                                                                   FOTO. Mariel Norat.

Estes días o Concello anda coa premura de poñer a funcionar a loxística; pois hai que retomar todo o que é menester para artellar os asuntos importantes e darlle continuedade a esas datas que se aveciñan, como é a Festa do Apóstolo. Unha celebración de primeira magnitude en Santiago de Compostela pola repercusión, tradición e deleite, entre outras.

Con todo isto e despois dunhas eleccións que aínda temos frescas na memoria,  onte o concelleiro de turismo, Gumersindo Guinarte, xunto con Flavia Ramil, xerente de turismo da cidade,  presentaron en rolda de prensa as visitas teatralizadas que se levarán a cabo en xullo, con motivo das Festas de Santiago. Unha actividade que é financiada pola Xunta de Galicia a través de Turismo de Galicia e Abanca. 

A iniciativa quere poñer en valor a cidade a través de persoeiros destacados pola súa traxectoria. Desta volta, será Castelao o protagonista central para que sirva de fío conductor, dentro desa finalidade didactica e nun senso pedagóxico que estas visitas queren aportar aos participantes onde se poden incluir a propios e foráneos, aínda que a lingua vehicular sexa a lingua galega.

En rolda de prensa indicaron que se está a pensar en todos os públicos, con interese no familiar, pois non é necesario ter coñecementos previos dos persoeiros para asistir e desfrutar dos paseos. O guía – intérprete de turismo, Suso Martinez, actúa e dirixe este percorrido que desperta a un Castelao atemporal, para revivir estes espacios da cidade de pedra a través das vivencias do célebre rianxeiro. A visita de  Daniel Alfonso Castelao, segundo Suso Martínez, incide no estudante e as súas andainas, pero tamén, nos suspiros durante o exilio naquelas lembranzas documentadas pola cidade do Apóstolo. Estas visitas serán gratuítas e sen inscripción previa, só hai que presentarse no punto de encontro dez minutos antes da saída.

Punto de encontro: Parque da Alameda, xunto a estátua de Valle- Inclán

Hora de encontro: 18:00 horas

Recomendada: Todos os públicos

Idioma: Galego

Tempo de duración: 1hora e 30 minutos

Datas :7-9-16-18-21-23-25-28 e 30

A ruta será: parque da Alameda, praza do Toural, rúa do Vilar, praza de Fonseca, praza do Obradoiro, praza da Quintana, Casa da Troia, Casas Reais, praza 8 de Marzo e San Domingos de Bonaval.

Sobre Mariel Norat 213 artículos
Licenciada | Graduada en Ciencias de la Comunicación. Periodista.

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*


Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.