Actualidad, Cultura — 29 octubre, 2018 a las 14:59

Premios e convocatorias

Por

Aberta a convocatoria do XXIV Premio Antonio Fraguas de Investigación sobre o Traxe Galego

A Asociación do Traxe Galego, en colaboración co Concello de Santiago e El Corte Inglés, veñen de convocar a XXIV edición do Premio Antonio Fraguas de Investigación sobre o Traxe Galego. Un ano máis, haberá premios de 600 e de 1.200 euros para os mellores traballos descritivos e analíticos, respectivamente, sobre a indumentaria tradicional. O prazo de entrega remata o 30 de novembro

Traballos descritivos ou analíticos
Como vén sendo habitual, o Premio Antonio Fraguas convócase en dúas modalidades: traballos descritivos, dotada con 600 euros, e traballos analíticos, dotada con 1.200 euros. Á primeira categoría poden optar aqueles traballos que, recuperando traxes, especifiquen a materia con que están feitas as pezas, presenten patróns e medidas ou indiquen onde se atoparon, onde están actualmente e de que época é cada unha das pezas analizadas. En canto aos traballos analíticos, son aqueles que ademais pescuden información sobre a autoría do traxe e os mecanismos empregados, a forma de traballo ou a área de distribución da súa produción. Nesta modalidade valórase non só a recolleita e catalogación das formas, senón tamén a influencia de aspectos relixiosos, económicos, políticos ou sociolóxicos.

Inscrición para a participación nos Premios Mestre Mateo

A Academia Galega do Audiovisual abriu esta mañá o prazo de inscripción para os XVII Premios Mestre Mateo. Estes galardóns veñen a recoñecer as obras galegas estreadas no ano 2018 e os profesionais que traballaron nos seus distintos aspectos técnicos e creativos.

A partir deste intre todas e todos os profesionais que queiran participar poden inscribir os seus traballos dende hoxe e ata o vindeiro 19 de novembro a través da web da Academia Galega do Audiovisual.

Aínda que non hai modificacións sustanciais con respecto ás bases do ano pasado, dende a Academia Galega do Audiovisual recoméndase ás persoas interesadas que as lean atentamente e, se teñen algunha dúbida, contacten coa oficina a través do mail premios@academiagalegadoaudiovisual.gal ou chamando aos teléfonos 981 208 393 e 981 227 701, de luns a xoves, en horario de 9h a 17h, e os venres, en horario ininterrompido de 9h a 15h.

VII Edición dos Premios Poesía María Mariño 2019

A Asociación Teenses pola Igualdade vén de convocar unha nova edición do Premio de Poesía María Mariño. O acto presentarase no vindeiro  maio do 2019, coincidindo co mes onde tamén  se celebra o Día das Letras Galegas. +Info

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.