Actualidad, Agenda Santiago — 15 noviembre, 2018 a las 8:43

Inauguración do International Day

Por

A USC organiza este xoves 15 a sétima edición do International Day, unha xornada na que estudantes estranxeiros que cursan estudos actualmente na Universidade compostelá amosarán as particularidades dos seus respectivos países de orixe. O obxectivo é achegar información de primeira man que facilite a elección dun futuro destino a aquelas persoas que vaian participar en programas de mobilidade. A xornada desenvolverase dende as 11.30 ata as 16.00 horas na mesma Facultade de Medicina.

Claustro de Fonseca. (USC) Santiago de Compostela

A acto oficial de apertura celebrarase a partir das 13.30 horas, no Claustro da Facultade de Medicina. Estará presidido por Enrique López Veloso, xefe de Servizo de Relacións Exteriores da USC; e contará coa participación da secretaria da Facultade, María Teresa Castaño Oreja; e do secretario da Asociación Erasmus Compostela, Francisco Rubia. Entre outros invitados nesta apertura atoparase a presidenta da Casa Galicia Japón, Megumi Shiozawa, xa que esta edición do International Day se enmarca dentro dos actos conmemorativos do 150 aniversario do establecemento de relacións diplomáticas entre Xapón e España. Esta é unha actividade que conta coa colaboración da Asociación Erasmus Compostela.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.