Agenda, Cine, Cultura, Televisión — 2 marzo, 2018 a las 0:29

III Encontro Estatal de Asociacións de Produtoras en Santiago de Compostela

Por

Actualización 14:28

O director do Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales (ICCA), Óscar Graefenhain considera que o proxecto de creación do Fondo Nacional Público de Apoio ao Sector Audiovisual (FASA) é “realista e moi interesante” e asegura que o Goberno español está disposto a debater en torno a el”

O FASA, consensuado por 26 asociacións territoriais, contempla catro vías de financiamento: os Orzamentos Xerais do Estado, un canon ás empresas de servizos audiovisuais baixo demanda, un canon cinematográfico que asumirían produtores, distribuidores e exhibidores, e préstamos participativos

O futuro da produción audiovisual española pode depender do resultado do encontro que hoxe mantiveron en Santiago os representantes de 26 asociacións territoriais de produtoras (a práctica totalidade das existentes en España) co director xeral do Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales (ICCA), Óscar Graefenhain. As asociacións de produtoras audiovisuais presentáronlle ao representante do Goberno español o proxecto de creación do Fondo Nacional Público de Apoio ao Sector Audiovisual (FASA), xestionado polo ICAA. Na opinión das produtoras este modelo permitiría que “o audiovisual español creza e fortalézase, desenvolvéndose en todo o seu potencial, despolitizándoo e permitíndolle unha progresiva independencia dos Orzamentos Xerais do Estado”.

Segundo o plantexamento hoxe presentado o FASA nutriríase de catro vías de financiamento: os Orzamentos Xerais do Estado, un canon que se lle cobraría ás empresas de servizos audiovisuais baixo demanda, un canon cinematográfico que asumirían os produtores, os distribuidores e os exhibidores, e préstamos participativos.

CATRO VÍAS DE FINANCIAMENTO

ORZAMENTOS XERAIS DO ESTADO: No proxecto presentado polas produtoras a achega estatal ao FASA podería ser, nun primeiro estadio, similar á correspondente ao Fondo para a Protección da Cinematografía actual, ao redor dos 66 millóns de euros (en 2017 foi de 72,3 millóns, sumando a dotación para produción, as axudas transitorias á amortización de películas, as axudas suxeitas á concorrencia competitiva para a organización de festivais, e as axudas para a asistencia aos mesmos, así como as axudas a distribución).

Progresivamente, esta achega poderíase ir minorando en función dos retornos dos préstamos participativos, así como do posible aumento da contribución das outras fontes do FASA.

EMPRESAS DE SERVIZOS AUDIOVISUAIS BAIXO DEMANDA: Proponse a achega ao FASA do 3% da facturación anual no territorio español das empresas que ofrecen contidos audiovisuais baixo demanda.

CANON CINEMATOGRÁFICO: Proponse destinar un 10% do prezo das entradas de cine a nutrir o FASA, de tal maneira que o custo da achega ao fondo non recaería sobre o espectador, si non que recaería, a partes iguais, sobre produtores, distribuidores e exhibidores.

PRÉSTAMO PARTICIPATIVO: Dentro da liña de axudas xerais á produción, proponse introducir o concepto de préstamo participativo, co obxectivo de que se realice un retorno progresivo por parte das empresas produtoras da axuda percibida, até cubrir a totalidade do importe, no caso de que a produción obtivese uns beneficios superiores a unha cantidade que se acorde entre a administración e a patronal dos produtores.

PREVISIÓN DE 158 MILLÓNS NO PRIMEIRO ANO

Segundo o modelo presentado hoxe as achegas que nutrirían o Fondo Nacional Público de Apoio ao Sector Audiovisual (FASA) no primeiro ano serían 68 millóns de euros procedentes dos Orzamentos Xerais do Estado, 50 millóns do canon cinematográfico, 40 millóns das empresas de servizos baixo demanda. Polo que se disporían de 158 millóns de euros

As asociación territoriais de produtoras audiovisuais consideran que ao dispor o Fondo desa cantidade “poderíase dotar convenientemente as liñas actuais, crear novas e retomar liñas de axuda que se suprimiron cando a crise golpeou a todos os sectores do país”.

As liñas de axuda que outorgaría o FASA estarían destinadas á organización festivais (concorrencia competitiva), curtametraxes, asistencia a festivais, axudas xerais e selectivas, desenvolvemento, promoción e difusión (produtores), distribución (distribuidores), exhibición (exhibidores), proxectos web, videoxogos, ficción televisiva (miniseries de até 8 capítulos e TVMovies), animación (cine e televisión) e documentais de televisión.

As asociacións de produtoras consideran que a implantación das novas axudas “a priori” que o ICAA puxo en marcha en 2016 “é unha boa proposta, pero pouco eficaz”. Lembran que en 2017 dispuxeron dun escaso fondo para as novas producións de 36,3 millóns de euros, sen uns beneficios fiscais competitivos e sen solucións lexislativas de calado que se adecúen á idiosincrasia específica do sector.

Por iso, engaden, “non parece razoable que nun momento no que en numerosos países europeos están a facer un esforzo por repensar as súas fórmulas para a mellora do financiamento dos seus sectores audiovisuais, nun exercicio de pensamento holístico e de futuro, España se deteña”.

VALORACIÓN DO SECRETARIO XERAL DO ICAA

Tras escoitar hoxe en Santiago a presentación do proxecto FASA o director xeral do Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales (ICCA), Óscar Graefenhain, sinalou que se trata dun proxecto “moi interesante que supón o primeiro paso nunha longa negociación que teremos que abordar cos axentes do sector pero que amosa que hai unha moi boa interlocución entre o sector e o Goberno de España, neste caso a través do ICAA”.

Óscar Graefenhain asegurou que o Goberno español “está disposto a discutir e debater todo o que sexan melloras para o audiovisual no seu conxunto e para o cine en particular.

Neste sentido engadiu que se congratula de que o sector faga propostas dende o consenso e que presente documentos xa moi traballados “que nos permite avanzar no obxectivo que todos pretendemos, que é o de ofrecer un maior e mellor apoio ao noso cine e colocalo no lugar que se merece e que lle corresponde”.

O director do ICAA non quixo concretar unha folla de ruta ao respecto de acadar ese novo modelo de financiamento ara o sector audiovisual español. Engadiu que “aínda que consideramos ao FASA un proxecto realista contén propostas nas que se pode avanzar máis rapidamente e outras que esixirán dialogar máis pero, por suposto, sen descartar nada de inicio”. 

ASOCIACIÓNS PROMOTORAS DO FASA

ACuCA. Asociación Audiovisual Cántabra
ADAEX. Asociación Audiovisual de Extremadura
ADN. Asociación Española de Productores de Documentales
AEPA. Asociación Española de Productores de Animación
AEPA. Asociación de Empresas de Producción Audiovisual del Principado de Asturias
AEPA-APRIAA. Asociación de Empresas de Producción Audiovisual y Productores Independientes de Andalucía
AGAPI. Asociación Galega de Productoras Independientes
AIC. Asociación de la Industria del Cortometraje
AMA. Asociación Madrileña Audiovisual
APACAM. Asociación de Productores Audiovisuales de Castilla la Mancha
APAIB. Associació de productors Audiovisuals de les Illes Balears
APROAR. Asociación de productores Independientes Audiovisuales de Aragón.
APROMUR. Asociación de Empresarios de Producción Audiovisual de la Región de Murcia
AVANT. Associació valenciana d’empreses de producció audiovisual i productors independents
AVAPI. Asociación Valenciana Audiovisual de Productores Independientes
DEV. Asociación Española de Empresas Productoras y Desarrolladoras de Videojuegos y Software de Entretenimiento
DEVICAT. Asociación de desarrolladores de videojuegos de Cataluña
EPE-APV. Asociación de Productores Vascos
IBAIA. Asociación de Productoras Audiovisuales Independientes del País Vasco
NAPAR. Asociación de Productoras y Profesionales del Audiovisual de Navarra
PAC. Associació de Productors Audiovisuals de Catalunya
PATE. Productoras Asociadas de Televisión de España
PAV. Asociación de Productores Audiovisuales Valencianos
PECAA. Plataforma de Empresarios y Creadores del Audiovisual Andaluz.
ProANIMATS. Associació de Productors d’Animació
PROCINE. Productores cinematograficos y artes audiovisuales de Extremadura
ProDOCS. Associació de Productors de Documentals
ProFICCIÓ. Associació de Productors Audiovisuals de Ficció
ProTV. Associació de Productors de Sèries i Programes de Televisió
SAVE. Asociación Canaria de Empresas Profesionales del Sector de la Animación, el Videojuego y los Efectos Visuales

Presentación do proxecto FASA (Fondo Nacional Público de Apoio ao Sector Audiovisual) coa presenza do director xeral do Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales (ICCA) e da subdirectora xeral de Fomento da Industria Cinematográfica e Audiovisual

O Encontro plantéxase como unha cita determinante de cara a definir o desenvolvemento futuro do sector e o seu modelo de financiación

Neste terceiro encontro participarán 24 asociacións chegadas dende todos os puntos de España que representan a case 500 empresas do sector. Os asistentes participarán en diversas xornadas de traballo nas que se debatirá en torno a cuestións como o modelo de financiación, as liñas de apoio ao audiovisual ou o plantexamento dos obxectivos xerais de cara ao futuro

 Hoxe venres terá lugar a presentación oficial do proxecto FASA (Fondo Nacional Público de Apoio ao Sector Audiovisual), un proxecto que as asociacións de productoras consideran estratéxico de cara a dotar mellor as liñas de financiación existentes para o cine, recuperar o apoio ao desenvolvemento, á promoción e á difusión e incluír xéneros que agora non reciben ningún apoio e que son de vital importancia para o sector, como as series, telefilms e documentais televisivos, proxectos web ou videoxogos. Este proxecto será presentado de xeito oficioso ao Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales (ICCA) 

Ao acto asistirá o director Xeral do ICAA (Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales), Óscar Graefenhain, e a subdirectora xeral de Fomento da Industria Cinematográfica e Audiovisual, María Maldonado.

As asociacións que forman parte do programa de apoio ao plan FASA son: PECAA (Andalucía), APROAR (Aragón), AEPA (Asturias), APAIB (Baleares), SAVE (Canarias), ACUCA (Cantabria), APACAM (Castilla La Mancha), PROCINE e ADAEX (Extremadura), AGAPI (Galicia), APROMUR (Murcia), NAPAR (Navarra), EPE-APV e IBAIA (País Vasco), AVANT, AVAPI e PAV (Valencia), ADN, AEPA, AIC, AMA, DEV e PATE (Madrid) e PROANIMATS, PROFICCIÓ, PROTV, PRODOCS e DEVICAT (PROA) / PAC (Cataluña)

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.