II Edición da Semana do Patrimonio Invisible

Por

Visitas guiadas, conferencias e danza na segunda edición

A II edición da Semana do Patrimonio Invisible terá lugar do 18 ao 22 de setembro, ofrecendo 26 visitas a espazos que habitualmente están pechados ao público. A inicitiva tamén acollerá A Noite do Patrimonio, do Grupo Cidades Patrimonio de España. Todas as actividades que se levarán a cabo son de balde, se ben para as visitas guiadas é preciso inscribirse, xa que serán en quendas pechadas de 15 persoas cada unha.

O calendario  inclúe nove espazos, algúns repetidos como o Pazo de Ramirás-Colexio dos Irlandeses ou o Hostal dos Reis Católicos, que tiveron moita demanda o ano pasado. A estes súmanse o Hospital de San Roque, a Casa Gótica, o Pazo de Amarante, a Capela das Ánimas, o Hotel Compostela e a Casa de Europa, así como o Mosteiro de San Martiño Pinario. O total de visitas para esta edición ampliouse tamén a 26 percorridos guiados, que poderán realizarse en quendas de ata 15 persoas, para coidar unha experiencia diferente e manter tanto a calidade narrativa do discurso coma a protección dos bens que se visitan.

Para que a meirande parte dos interesados poidan acudir a estas visitas, a organización regulou o proceso de reserva, de xeito que os usuarios deben de enviar un correo electrónico ao enderezo spicompostela@gmail.com, reservando para un máximo de tres visitas e dúas persoas por visita.

Preme no Programa para escoller os teus días mirando o percorrido

A Noite do Patrimonio
Ademais, o sábado día 21, e co gallo da celebración de A Noite do Patrimonio, do Grupo Cidades Patrimonio de España, realizarase a partires das 19:00 horas unha nova sesión de «Conversas no Claustro», na que Mercedes Rosón, concelleira da Área de Acción Cultural; Ángel Rosado, xerente do Grupo Cidades Patrimonio de España; Belén Hernández, xerente do Consorcio de Santiago de Compostela, e David Barreiro, investigador do INCIPIT- CSIC, debaterán sobre os retos na xestión das cidades Patrimonio Mundial. Ao rematar, ás 20:00 e 20:45 horas, realizarase unha visita especial ao Mosteiro de San Martiño Pinario, no que se poderán ver zonas como as cuadras, o patio da cociña ou as hortas.

Ese mesmo día, ás 22:00 horas, na praza da Quintana, a prestixiosa bailarina e coreógrafa lisboeta Cláudia Dias e o artista convidado Pablo Fidalgo ofrecen Segunda-feira: atenção à direita, un espectáculo de danza contemporánea que se presenta como unha chiscadela a Portugal. Todas as actividades son de balde.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.