Hai que ir morrendo, por favor (ou iso parece)

Este pode ser o novo slogan do Ministerio de Sanidade. A verdade e que soa ben: “Hai que ir morrendo, por favor. Goberno de España”. Recordemos como escomenzou o ano 2013 coas sorprendentes declaracións dun suxeito chamado Taro Aso -responsable do área económica do goberno nipón- pedindo aos anciáns que, por patriotismo, désense “un pouco de présa en morrer” (parece que había que evitar o oneroso gasto que representa para ese país o pago da súa atención médica).

Estas declaracións, que levan ata límites inusitados a política de austeridad que tanto gusta á máis rancia dereita, pretenden que un país onde a cuarta parte da poboación supera os 60 anos (máis de 30 millóns de cidadáns na actualidade, e arredor de 50 no horizonte do ano 2060) dé as costas a cidadáns que durante a súa vida laboral contribuíron ós distintos sistemas de saúde e de previsión social que deberían garantir o dereito a vivir dignamente (en particular nas súas etapas finais). O ministro xaponés furta os coidados paliativos ós enfermos termináis e ancians, nega a posibilidade de prolongala vida mediante tratamentos médicos e despreza a atencion ós dependentes.

O que para moitos españois pasou desapercibido na prensa, ou considerouse unha excentricidade dun señor baixiño e de cor amarelo das antípodas, parece estar tamén incluído na cadea de atropelos que Mariano e a súa camarilla de «insidioshos» teñen reserva dos para os nosos dereitos.

Galicia, como Xapón, é unha poboación que envellece rápidamente. Na actualidade case un terzo da nosa poboación é maior de 60 anos e contamos -como o Imperio do Sol Nacente- cunha esperanza de vida das máis altas do mundo. Por iso nosa dereita cavernaria escomenzou a recortar (e ata suprimir) servizos orientados a cubrir as necesidades particulares dos vellos cidadáns. Principiaron co invento do “re-pago” de medicamentos, seguiron coa tala de axudas a coidadores, e logo eliminaron a gratuidade dos servizos de teleasistencia. Que se lles antoxará despois?

Agora, polo que se avizora, a última sorpresa -que non derradeira- é “modular” (e todos sabemos que siñifica na neolingua da dereita a verba modular) a cuantía das pensións sobre a inhumana base da elevada esperanza de vida dos pensionistas.

Juan Carlos Mejuto«Mariano e a súa cuadrilla ministerial esquécense de que cada traballador aporta unha cantidade de diñeiro mensual durante toda a súa vida activa para financiar os mecanismos de previsión do estado, e fúrtanlle os seus ben gañados dereitos. As pensións son froito das cotizacions: metemos un diñeiro a prazo fixo na conta dun banco que se chama Estado, e abonamos unha prima mensual nunha aseguradora que tamén se chama Estado, non si? Pois non; cando Mariano & Co. podan as pensións, en lugar de revalorizalas de acordo co que a lei establece, fulminan prestaciones sanitarias é… simplemente, denegan un servizo xa pagado. Eu chamaríalle doutro xeito menos xentil: ESTAFA ou ROUBO (elixan Vostedes).»

Sobre Juan Carlos Mejuto 4 Artículos
Catedrático Universitario

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*


Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.