Actualidad Social — 20 febrero, 2018 a las 16:52

Gustavo Pedraza defensor dos dereitos humanos estará en Galicia invitado por Amnistía Internacional

Por

Visita a Galicia do defensor de dereitos humanos Gustavo Pedraza
Do 19 ao 24 de febreiro diferentes localidades galegas contarán coa presenza do defensor de dereitos humanos colombiano Gustavo Pedraza Salcedo. Pedraza realizará una xira por toda a comunidade galega para dar testemuño sobre a actual situación dos dereitos humanos en Colombia e da súa situación propia

FOTO. Eutropio Rodríguez

Gustavo Pedraza tivo que abandonar o seu país despois da denuncia da desaparición, tortura e posterior asasinato por móbiles políticos do seu irmán Carlos Pedraza Salcedo. Carlos tamén era un gran defensor dos dereitos humanos e representaba á empresa de distribución “ Zipa”, dende onde promoveu un modelo de economía solidaria baseada na venta de produtos campesiños nas cidades. Ademais, formaba parte do Movemento Nacional de Vítimas de Crimes de Estado (MOVICE), así como do Movemento Político, Social e de Masas do Centro Oriente Colombiano. Porén, a súa defensa dos dereitos humanos, da vida e do territorio e a súa participación e denuncia en procesos políticos de relevancia custoulle a vida hai tres anos.

Tres anos de impunidade, manipulacións, ocultación da verdade, ameazas e persecucións por parte do goberno colombiano que levaron ao exilio a Pedraza e a súa familia. Na actualidade Gustavo está en España acollido ao Programa de Protección Temporal de Defensores en Risco de Amnistía Internacional . A pesar de todo o pasado e das ameazas de morte que pesan sobre a súa vida, Gustavo non cesará na súa loita polos dereitos humanos nin na súa busca da verdade e a xustiza.

Porén, el e a súa familia non son os únicos que sofren a represión do goberno. Tras os diálogos de paz e a firma de acordos coas FARC-EP na Habana, a violencia estendeuse por todo o territorio nacional, especialmente contra os reclamantes de terra, activistas ambientais, xornalistas alternativos e contra todo aquel que pensa, di ou fai diferente ás políticas do goberno actual.

Durante a súa estancia en Galicia o defensor informaranos da situación no seu país en diferentes charlas-coloquio públicas así como en varios institutos da Rede de Escolas polos Dereitos Humanos de Amnistía Internacional na comunidade galega. As charlas públicas terán lugar en:

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*