Galicia en galego dende a querencia

A manifestación de maio de 2016 foi un acto festivo, pero tamén reivindicativo para ter en conta que non hai que esquecer as nosas señas de identidade. A lingua como patrimonio de todos, e que entre todos temos que coidar dela para poder pasar a testemuña ao longo do tempo. Mulleres e homes que habitan esta terra verde e preto do mar;  galegos e galegas que viven e soñan Galicia dende unhas premisas de singularidade para o futuro.


Luciu o sol esplendoroso para acompañar aos galegos e galegos que quixeron celebrar o día de maio dedicado ás Letras Galegas. Na mañá de onte, arrancaba da Alameda de Santiago de Compostela unha nutrida manifestación que festexaba a data, pero fundamentamente a xuntanza denunciaba o seu descontento ante o menosprezo e falta de apoio institucional do que está sendo vítima o idioma galego. Reclamábase unha política lingüística por parte da administración galega que poña en valor a lingua, para  evitar dar o traste cos esforzos que se fixeron no pasado e para que non anule as espectativas de futuro.

Este non é un tema baladí. Non preservar os nosos rasgos identitarios é esquecerse do feito de quen somos ou de onde vimos. É camiñar cara a perda de identidade da nosa cultura e non saber a onde imos. Dentro dese bilingüismo que convive en Galicia, e desa liberdade necesaria das súas xentes para expresarse en calquera das dúas linguas, o idioma galego ten que estar en maior consideración para súa preservación.17 Maio de 2016

Pero tamén hai que dicir que a lingua ten que ser acollida dende a tolerancia e a querencia, non dende a obriga inquisidora. O que é prudente e que ninguen abafe as espectativas dun tesouro cultural; nin dende a desidia por menosprezo, nin dende a mirada acusadora da intolerancia. Promover o uso que nace do respeto e o empoderamento libre de intereses espurios podería ser o máis axeitado. Galicia ten unhas características que a fan singular e que a configuran como país, e a lingua forma parte dese xeito de ser e de estar frente o mundo. O lazo de pertenza a unha cultura ten de seu unha lingua, que é de todos, que pon en valor a riqueza e a pluralidade, sempre dentro desa liberdade que todos temos de falala ou non. Aínda que si hai unha rigorosa obriga que é a débeda a ese legado histórico, trátase de fomentar e dinamizar o uso do idioma.

Sobre Mariel Norat 206 Artículos
Licenciada | Graduada en Ciencias de la Comunicación. Periodista. Eterna estudiante e incansable observadora

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*


Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.