Fran Pérez ‘Narf’ finou

narf
Foto. Faro de Vigo

A morte de “Narf” vén como consecuencia dunha enfermidade e deixa un gran baleiro e un profundo dor entre amigos, compañeiros de profesión e seguidores

Francisco Xavier Pérez Vazquez (1968) máis coñecido como NARF, finou no día de hoxe aos 48 anos de idade. O compositor e músico Fran Pérez «Narf» era natural de Silleda (Pontevedra), aínda que se foi de novo para Santiago de Compostela. Na súa traxectoria viaxou levando a música máis aló de Galicia; Salvador de Baía, São Paulo, Río de Xaneiro, Varsovia, Nova Deli, Brighton, Cracovia, Barcelona, Sevilla ou Buenos Aires.

Nunca quixo esquecer os seus inicios, por iso o 29 de setembro, xa enfermo, dicía así no seu muro de Facebook:

«Formei parte de outras bandas antes de poñer en marcha o proxecto máis persoal de Narf. Sempre con xente extraordinaria. Nicho Varullo, Os Quinindiola, A Psicofónica de Conxo…»

O ano pasado, en 2015, publicou xunto a Uxía Baladas da Galiza imaxinaria. Moitos dos concertos programados tiveron que ser suspendidos pola enfermidade do artista.

Fran Pérez «Narf» vaise cunha carreira profesional valorada e recoñecida no eido musical e teatral; cinco traballos de producción propia e moitas colaboracións con outros artistas, ademais dun consolidado traballo de creacións para un gran número de montaxes teatrais que exemplarizan a memoria dun artista que morreu novo pero que viveu intensamente a súa profesión. A morte de «Narf» vén como consecuencia dunha enfermidade e deixa un gran baleiro e un profundo dor entre amigos, compañeiros de profesión e seguidores. A Asociación de Actores e Actrices de Galicia manifestábase así nunha nota de prensa:

«A Xunta Directiva da AAAG lembra o músico e o seu traballo no mundo escénico, no que deixou fonda pegada ao poñerlle a música orixinal a un gran número de montaxes teatrais das compañías do país» 

***Se premes aquí podes seguir lendo a nota de prensa.

Fran Pérez, NARF sembrou traballo e talento

 Premios

Como compositor para teatro ou espectáculos

  • Premio da Crítica ao mellor musical do 1995, en Barcelona, pola ópera cómica Annus horribilis, con libreto de Pepe Sendón.
  • Premio María Casares á mellor música orixinal no 1997, por Finis Mundi Circus(Mod e Befa). Con Piti Sanz.
  • Premio María Casares á mellor música orixinal no 1998, por Órbita mutante(Chévere). Coa Banda da Sala Nasa.
  • Premio María Casares á mellor música orixinal no 2003, por Río Bravo’02(Chévere).
  • Premio María Casares á mellor música orixinal no 2004, por Sidecar(Belmondo).
  • Premio Mestre Mateo á mellor curta de animación, por un dos capítulos da obra musical O labirinto dos soños(texto e dirección de Pepe Sendón).
  • Premio María Casares á mellor música orixinal no 2010, por O segredo dos Hoffmann(Lagarta Lagarta)

 Como músico

  • Segundo posto no concurso de canción en linguas minorizadas europeas, Festival Liet Lavlutde Suecia, co tema Santiago, publicada dentro do seu disco Tótem.
  • Número 1 no Top tenda RTP-África durante tres semanas de agosto de 2010 co disco Aló irmao!.
  • Premio galego da música na categoría de rock (2013) (Asociación de músicos ao vivo – Martin Codax)
Sobre Mariel Norat 210 Artículos
Licenciada | Graduada en Ciencias de la Comunicación. Periodista. Eterna estudiante e incansable observadora

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*


Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.