Folga indefinida no funcionariado xudicial galego

Por

O presidente Feijóo considera inviable a petición dos funcionarios xudiciais

A Plataforma expón as súas queixas: “vemos como imos perdendo dereitos dende o ano 2008. Cada día de mobilización cústanos entre 70 e 80 euros. Temos penalización por caer enfermos cun resfriado, por exemplo”

“Queremos os mesmos dereitos co resto dos compañeiros de España”

Os funcionarios de xustiza galegos deron cumprimento no día de hoxe á primeira xornada de folga indefinida despois de 3 meses de negociacións fallidas co executivo do goberno galego. Cando eran as 12 da mañá púxose en marcha nos xulgados de Galicia unha mobilización para conseguir equiparación salarial co resto de compañeiros do estado. Sen esquecer varios puntos presentes na petición; como por exemplo restablecer condicións de traballo que dende o ano 2008 por mor da crise foron mermadas. Así o indicaba hoxe na radio da Cadena Ser, Manuel Díaz Mato, un dos portavoces da Plataforma que agrupa aos sete sindicatos de xustiza. A reivindicación conxunta acadou moi bos resultados, segundo esta Plataforma, o 85 por cento de participación en xeral en toda Galicia. Aínda que houbo maior concurrencia en Vigo e Pontevedra cun 94%. No caso de Santiago estivo por riba do 93 %. Os menos activos foron A Coruña, Ferrol e Lugo, cun 85% de participación. Estes foron os datos ofrecidos polo sindicato.

Nos xulgados de Compostela paralizouse a actividade suspendendo preto de 31 xuizos, no día de hoxe,  e se cumpriron os servizos mínimos de rigor.  Esta protesta de folga indefinida vén a encarar tres meses frustrados de negociacións onde non se chegaron a acordos. Nesa mesa de negociacións o portavoz da Plataforma por Santiago, Manuel Díaz Mato, sinalou que o colectivo sinteuse ninguneado de xeito constante. Asemade indicou que só queren unhas condicións dignas e de igualdade co resto de compañeiros funcionarios do estado. Por iso van  persistir nesta mobilización indefinida aínda que para eles teña unha sanción de entre 70 e 80 euros diarios.  Namentres, o presidente do executivo galego, Alberto Núñez  Feijóo, manifestaba hoxe no Parlamento que os costos en salarios que reclama a Plataforma son inviables polo elevado gasto que este orzamento entraña para as arcas públicas. Desde o goberno tamén cifraron a concurrencia da folga en un 38%

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.