Actualidad, Actualidad Social — 31 enero, 2018 a las 16:21

Festa no santiagués barrio do Sar

Por

O barrio de Sar celebra esta fin de semana a festa de San Brais

Haberá unha gran carpa para acoller a veciñanza e visitantes

O compostelán barrio de Sar acollerá este venres e sábado, 2 e 3 de febreiro, a celebración da festa do San Brais, organizado pola Asociación cultural Eu de Sar de toda a vida. Serán dous días de festa no que se incluirá a I Edición de Cantos de Taberna e que contará ademáis con diversas actuacións musicais e actividades variadas. Haberá unha gran carpa para acoller a veciñanza e visitantes.

Foto: Mariel Norat

A festa de San Brais dará comezo este venres, 2 de febreiro, ao remate da misa da Candelaria (inicio ás 19h e remate 19.46h), cunha gran chocolatada, após esta, ás 9 da noite iniciarase na praza da Colexiata a I Edición de Cantos de Taberna que percorrerá os establecementos hostaleiros do barrio para rematar no punto de saída.

O sábado 3 o barrio contará con animación durante todo o día. Haberá misas cada hora dende as 8 da mañá ( 8, ás 9, ás 10, ás 11 e ás 12 a misa grande que remata ás 12.45h) ao finalizar a última haberá diversas actuacións da Agrupación folclórica de Sar. Ás 12.45h está prevista a actuación da Banda Municipal de Santiago e o Orfeón Tradicional Colexiata do Sar. De tarde, a partir das 17 h. Lucía Fernández e Pilar Fernández impartirán obradoiros de maquillaxe e caretas de entroido e en colaboración coa Asociación de Xogos Tradicionais de Compostela, grandes e maiores poderán gozar de diferentes actividades na horta da Colexiata. Cara ao final do día, ás 21 horas dará comezo a verbena coas actuacións da charanga Os Celtas e a orquestra Cinema. No descanso, arredor das 23.15 h, haberá un concurso de disfraces presentado por Marcos Magán.

Cantos de Taberna

Na I Edición de Cantos de Taberna participarán o grupo de música tradicional Colexiata de Sar, Coro Castrosúa, grupo Hai quirindo, pandereteiras As pesqueiras de Sar e os establecementos colaboradores son o bar DACA, bar Olvido, restaurante Quitapenas, a Chantadina, O Regueiro, A taberna de Fran, O Rincón do Gaiás, O Recobio 2, mesón A Roda.

A Asociación cultural Eu de Sar de toda a vida, comisión organizadora das festas do barrio, convida a toda a veciñanza e a todas aquelas persoas que desexen achegarse ao barrio a participar en todas as actividades propostas e a gozar da festividade de San Brais. Lembran dende a dita comisión que está aínda aberto o prazo para o concurso de disfraces.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.