Actualidad Social, Agenda Santiago — 11 diciembre, 2018 a las 0:07

A Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo celebra o desfile Despunte na Cidade da Cultura.

Por

O venres, 14 de decembro, a Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo achega a súa 10ª edición na mostra de deseño que terá lugar na Cidade da Cultura baixo o título de  Despunte

Natalia García Vieites (EASD Mestre Mateo) Colección Diphora. Fotografía: Fátima Seijo

A organización do evento, a EASD Mestre Mateo, conta coa previsión de reunir preto de 1000 convidados/as; entre representantes de empresas, organismos oficiais, comunicadores/as, deseñadores, artesáns… Ademais de familiares e compañeiros/as do alumnado.

Ao final do desfile, un xurado elixirá a mellor colección Despunte e mellor colección Miscelánea 2018, e otorgará outro premio como Mellor colección Fusión Artesanía e Deseño de Moda, patrocinado pola Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño.

O esforzo realizado pola Escola para organizar cada curso este desfile vese compensada polo crecente interese das empresas do sector que se achegan a coñecer de primeira man o talento e o bo facer dos profesionais formados no centro.

Brais Albor (España) Colección            S O L O. Fotografía: Mar Suárez.

 

Mateo Arnoso Ferreiro (O Grove-Pontevedra) Colección 1. Fotografía: Arancha Brandón

Noemí Montenegro Omil (Marín-Pontevedra) Colección Mess. Fotografía: Sergio Sueiro Miranda.

 

 

 

 

 

 

Moitas destas empresas teñen convenios de colaboración coa EASD Mestre Mateo para acoller alumnado en prácticas. As propostas de partida para as coleccións que forman parte do Traballo Final de Estudios (TFE) son totalmente libres. Neste curso poderemos ver sobre a pasarela coleccións inspiradas na natureza, a ensoñación e o mundo onírico, a metamorfose e a amalgama de texturas e cores, os volumes que ofrece o layering, a elegancia dos anos 40 e 50 e a irreverencia do punk, son algunhas das temáticas reflectidas no Despunte 2018. Sete coleccións inspiradas en temas do pasado e do presente, con liñas masculinas e femininas, incluíndo a temática da violencia de xénero: cada unha das coleccións que veremos a tarde do venres 14 ten detrás unha historia propia, ademais de moito talento e moitas horas de traballo invertidas nesta presentación ao mundo profesional.

Ao final do desfile, un xurado elixirá a mellor colección Despunte e mellor colección Miscelánea 2018 patrocinados por Gadis, e otorgará outro premio como Mellor colección Fusión Artesanía e Deseño de Moda, patrocinado pola Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño.O xurado desta edición estará formado por:

  • Gene Cabaleiro, deseñador de moda
  • Patricia Chao, deseñadora e propietaria de Tartaruga
  • Jacobo Gayo, fotógrafo especializado en moda
  • Belén Otero, deseñadora e socia de La Pipa de la Paz e exalumna
  • …Pendente de confirmación.

Entregarase tamén o premio extraordinario nas Ensinanzas Superiores de Deseño 2017/18 na especialidade de Deseño de Produto.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.